facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria acolleu a presentación do premio Xove Empresario, organizado por AJE Pontevedra
Xoves, 11 Outubro 2018 13:16
AddThis Social Bookmark Button

aje 2Os empresarios novos da provincia de Pontevedra teñen prazo ata o día 28 deste mes para presentar as súas candidaturas ao premio Xove Empresario organizado por AJE Pontevedra, e que vén de ser presentado na Autoridad Portuaria de Vilagarcía.

O presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, Pablo Fernández, xunto co vicepresidente desta entidade, Jesús Rey, e o membro da directiva Víctor Nogueira, estuveron acompañados nesta presentación pola directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, e polo responsable comercial do Porto, Alfonso González Gallego. O acto tivo lugar o 11 de outubro.

A directora do porto agradeceu aos responsables de AJE Pontevedra elixir a Autoridade Portuaria de Vilagarcía para realizar a presentación deste premio, destacando que "o acto de hoxe é reflexo da misión do porto de Vilagarcía, que para servir plenamente á sociedade, debe non só ser parte fundamental nas cadeas loxísticas das empresas, senón tamén contribuír á dinamización do territorio como axente de desenvolvemento económico e social e exemplo de colaboración público-privada. Isto tradúcese na promoción do emprendimiento a través de diversas fórmulas, e en xeral, no apoio ao tecido empresarial da nosa contorna".

Begoña Mesejo animou ao empresariado da comarca a presentarse a este premio, para o que dispoñen de prazo ata o 28 de outubro. A entrega do galardón terá lugar o día 31 deste mes, nun acto que se celebrará no sexto edificio do Museo de Pontevedra.

O premio Xove Empresario está dirixido a aquelas ideas de negocio que estean lideradas por mozos da provincia de Pontevedra e sexan viables técnica e economicamente.

O obxectivo deste galardón, do que este ano se celebra a vixésimo terceira edición, é recoñecer e premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación, contribúen cada día á creación de riqueza e emprego na provincia.

O presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, destacou a importante dotación do premio, de 45.000 euros en especies: formación na Galicia Business School, cesión de espazos para o desenvolvemento da actividade (tanto naves como oficinas en varios puntos de Galicia), equipamiento informático, etc.

O premio consta de dúas categorías principais, ademais de varios accésits. Ao premio Xove Empresario do Ano poderán optar empresas constituídas con anterioridade ao 30 de abril de 2017, mentres que o galardón para o Xove Emprendedor destínase a persoas cun proxecto empresarial a piques de poñerse en marcha, ou cuxa empresa fora constituída con posterioridade ao 30 de abril de 2017.

Ademais, todas as candidaturas presentadas optan a un dos tres accésits previstos na convocatoria, e que premiarán a innovación; a creación de emprego; e -como novidade este ano- a innovación no sector alimentario.

Os requisitos principais e comúns a todas as categorías son ter data de nacemento non anterior ao 31 de outubro de 1977 e domicilio social na provincia de Pontevedra; ademais, o capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos. Os restantes requisitos, así como a documentación a presentar, figuran nas bases da convocatoria, que están dispoñibles na páxina web de AJE Pontevedra www.ajepontevedra.es. A través da mesma web pode accederse aos formularios para a presentación de candidaturas nas dúas categorías principais.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.