facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 21-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria valora o proxecto Compostela 2M21 como unha achega positiva para avanzar na integración porto-cidade
Xoves, 21 Febreiro 2019 10:36
AddThis Social Bookmark Button

reunin compostela 2m21A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e membros do seu equipo directivo coñeceron esta semana de man dos seus autores, o estudo de arquitectura Sánchez-Agustino Arquitectos, o proxecto denominado Compostela 2M21.

A presidenta da Autoridade Portuaria destacou que o proxecto, que expón unha mellora e remodelación da fachada marítima e portuaria da cidade, está en liña cunha das prioridades da Autoridade Portuaria na súa xestión dos terreos portuarios: completar a diferenciación ente o porto cidadán, máis próximo ao centro urbano, e o porto industrial, cara ao sur (peirao Comercial, de Comboa e de Ferrazo).

O proxecto Compostela 2M21 prevé a transformación do peirao do Ramal, de tal maneira que deixaría de ser unha estrutura perpendicular á costa (a súa confirmación actual) para pasar a situarse en paralelo á mesma. Por detrás desta estrutura, que se crearía con materiais reciclados do actual peirao, ampliaríanse os espazos reservados á náutica deportiva, e a praia situaríase por diante, estendéndose até o actual peirao de Pasaxeiros, aproximadamente.

A presidenta destacou os que ao seu xuízo son tres aspectos moi positivos deste proxecto: avanza na integración porto-cidade, respecta a actividade industrial que se desenvolve no recinto portuario, e prevé a súa compatibilización co marisqueo, “xa que é clave ter en conta todos os intereses que poden confluír e evitar que novos usos interfiran noutros xa consolidados nese mesmo ámbito”.

Sagrario Franco apuntou que no entanto, calquera intervención sobre o peirao do Ramal deberá necesariamente esperar á aprobación de cambios urbanísticos solicitados pola Autoridade Portuaria e que o Concello de Vilagarcía mantén bloqueados.

A presidenta reiterou que a falta de axilidade na tramitación das modificacións puntuais da PXOM e do Plan Especial do Porto por parte do Concello de Vilagarcía imposibilitan a supresión das naves do Ramal, xa que é preciso contar cunha alternativa ás mesmas no interior do recinto portuario antes da súa eliminación.

A presidenta lamentou que o Concello optase por incorporar ao plan urbanístico a través da novo PXOM, e non por medio dunha modificación puntual, as modificacións que permitirán crear novas naves na zona sur do porto e, consecuentemente, abordar a incorporación do Ramal ás áreas portuarias de usos cidadáns. “Isto provocou que un trámite que podería terminarse en meses non se realizase en toda unha lexislatura, co correspondente prexuízo para os nosos clientes e usuarios, e para toda a cidadanía de Vilagarcía”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.