facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 21-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria defende dende o punto de vista técnico, normativo e xurídico a súa actuación no recheo da dársena 2
Venres, 22 Marzo 2019 14:29
AddThis Social Bookmark Button

foto consejo marzo19A Autoridade Portuaria de Vilagarcía celebrou esta mañá unha reunión ordinaria do seu Consello de Administración. Ao comezo da mesma, e tal e como a presidenta adiantara a semana pasada, ofreceuse aos membros do órgano de goberno do porto información sobre a recente sentenza do Contencioso-Administrativo que desestima un recurso da Autoridade Portuaria ante unha sanción da Consellería de Medio Ambiente, así como sobre os antecedentes do caso, que ten as súas orixes nunha actuación realizada no ano 2014.

A iniciativa da presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, interviñeron ante os membros do Consello a enxeñeira responsable do Departamento de Planificación e Infraestruturas da Autoridade Portuaria, Marisa Marco, e Juan José Vázquez-Portomeñe Seijas, avogado do Estado encargado da representación da Autoridade Portuaria no mencionado xuízo ante o tribunal contencioso-administrativo.

A presidenta explicou que a orixe do caso é unha sanción interposta a esta Autoridade Portuaria no ano 2014 pola Consellería de Medio Ambiente,”a cal no seu día recorremos, por non estar de acordo co seu contido”. A presidenta apuntou que pese á polémica xerada, a sentenza non é aínda firme e está en fase de revisión xudicial, sendo o motivo da sanción “o abandono, vertido ou eliminación incontrolado de calquera tipo de residuos non perigosos sen que se puxera en perigo grave a saúde das persoas ou se producirá un dano ou deterioro grave para o medio ambiente”.

A Autoridade Portuaria sempre sostivo, e continuará facéndoo ante instancias xudiciais superiores, que se tratou dunha reutilización de materiais perfectamente compatible coa lexislación aplicable.

Ata a data, a Autoridade Portuaria vén facendo uso de todas as ferramentas legais dispoñibles para defender e demostrar a corrección da súa actuación neste caso. Con relación á recente sentenza que desestimou o recurso contencioso-administrativo presentado pola Autoridade Portuaria, o avogado do estado responsable da representación do porto neste caso explicou aos membros do Consello que a sentenza non é firme e por iso recorrerase ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, engadindo que a sentenza interpreta o relato dos feitos recollido nas actas incluídas no expediente sancionador dun xeito que non se comparte totalmente. Tamén se sinalou que non se produciu na dársena 2 ningún verquido, nin menos aínda verquidos contaminantes.

Pola súa banda a enxeñeira responsable do departamento de Planificación e Infraestruturas explicou que o Peirao da Dársena nº2 presentaba antes do ano 2014 unha perda de material no seu apoio, a cal poñía en perigo a estabilidade do mesmo. Por iso, decidiuse realizar un recheo da zona, denominándose a obra “Rexeneración do asento da banqueta da dársena 2”. Con data 31 de marzo de 2014 preparouse unha memoria para solicitar orzamentos para esta obra. Para executar estes traballos, empregouse material procedente doutra obra portuaria: a prolongación do ferrocarril a Ferrazo.

En canto ao procedemento seguido para a reutilización dos áridos procedentes da obra do ferrocarril, a Autoridade Portuaria seguiu as indicacións recolleitas na Guía de boas prácticas para a execución de obras marítimas, publicada por Portos do Estado en xuño de 2009, con relación aos recheos con materiais procedentes doutras obras, neste caso, excedente de terras e pedras procedentes de obras de excavación. Conforme ao sinalado nese documento, redactouse un Plan de execución dos recheos previo ao comezo das obras, no cal se fixo unha análise dos materiais, así como un control con provisións intermedios.

O procedemento de selección de materiais realizábase en dúas fases. En primeiro lugar, comezábase cunha primeira selección do material da zona de acopio indicada, retirándose en caso de aparecer, os restos de plásticos, madeiras, etc., de maior tamaño.

Realizada a primeira criba, cargábase o material no camión con escavadora. Unha vez o camión estaba repleto, dirixíase ao cantil do peirao, onde estaba atracado o barco draga. O camión, unha vez situado no cantil, procedía ao baleirado do material. Aquí realizábase unha segunda criba, que consistía en que a retro escavadora removía as terras e retirábanse os materiais considerados non aptos, de modo que só as terras se cargaban no barco. Durante toda a operativa, un operario dedicábase en exclusiva a inspeccionar e retirar calquera material non apto.

A Autoridade Portuaria sempre mantivo, e así se reiterou por parte dos técnicos ante o Consello, que os materiais utilizados para a realización da obra de asento da banqueta da dársena 2 foron únicamente áridos, habéndose trasladado a un punto autorizado de xestión de residuos todos os demais materiais procedentes da obra do ferrocarril que non eran aptos para a execución dos traballos no peirao da dársena 2.

Concretamente, dun volume de materiais depositados en O Ramal de 10.000 metros cúbicos, estaba inicialmente previsto empregar na obra 7.200 metros cúbicos, cantidade que logo se rebaixou ata os 6.720 metros cúbicos, habendo recibido os metros cúbicos restantes un tratamento diferenciado por parte dun xestor autorizado de residuos.

En canto aos requisitos normativos para a realización desta obra, a Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante (artigo 58.2) permite a realización de obras de recheo “con materiais de orixe terrestre ou marítimo que pola súa natureza, disposición final ou illamento protector non dean orixe a procesos de contaminación que superen os niveis exixibles pola normativa aplicable de calidade das augas marítimas”.

O mesmo artigo 58.2 da lei de Portos do Estado indica tamén que as obras de recheo no dominio público portuario requirirán autorización da Autoridade Portuaria. A Lei de Portos do Estado sinala igualmente, no seu artigo 62, que non teñen consideración de vertidos as obras de recheo con materiais de orixe terrestre ou marítimo para a modificación ou ampliación de portos.

No referente ao procedemento ambiental, segundo a lei 21/2013 de 9 de decembro de Avaliación Ambiental, as obras de “Rexeneración do apoio da banqueta do Peirao da Dársena nº2”, non están sometidas á avaliación ambiental ordinaria, nin á avaliación ambiental simplificada, xa que polas súas características as obras encádranse nos supostos de excepcións que detalla a lei de avaliación ambiental.

Porto de Vilagarcía, 21 de marzo de 2019

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.