facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 18-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A decimoterceira edición da bandeira de bateis "Porto de Vilagarcía" espera récord de participación
Venres, 22 Marzo 2019 14:48
AddThis Social Bookmark Button

bateles 1A Autoridade Portuaria de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación da XIII bandeira de bateles “Porto de Vilagarcía”, que se disputará este domingo, desde as once da mañá, en augas de Vilaxoán.

A directora da Autoridade Portuaria, Begoña Mesejo, sinalou no acto de presentación que favorecer a práctica e o desenvolvemento de actividades náutico-deportivas na nosa contorna é un compromiso para a Autoridade Portuaria, e destacou ?o esforzo e a encomiable labor do Club de Remo Vilaxoán ao longo de todos estes anos, para lograr que este evento sexa un éxito e superarse en cada edición? dunha proba que está totalmente consolidada no calendario do remo galego.

Pola súa banda o director da fundación de deportes do Concello de Vilagarcía, Juan Miguel Doval, agradeceu a colaboración da Autoridade Portuaria cos eventos náuticos e, en xeral, deportivos, organizados polo Concello e sinalou que supón ?unha satisfacción? colaborar cun club que aposta polo deporte basee e tradicional, no ámbito de nosa Ría.

A organización da proba corre a cargo do club de Remo Vilaxoán, cuxo presidente, Rogelio Tarrío, destacou na presentación que prevén superar o vigente récord de embarcacións participantes, actualmente fixado en 107. En total, espérase que 500 remeiros tomen parte na proba, na que competirán tripulaciones da provincia de Pontevedra e tamén da beira norte de Ríaa de Arousa (Cabo de Cruz, Rianxo, Ribeira e A Pobra).

A competición dispútase en 5 categorías masculinas e outras tantas femininas, desde alevín ata sénior. As bandeiras serán para os clubs que mellores resultados obteñan no cómputo global de todas as categorías.

Puerto de Vilagarcía, 22 de marzo de 2019

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.