facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Os tráficos portuarios acumulados ata o remate de febreiro superan as 200.000 toneladas, cun incremento superior ao 5% con relación a 2018
Xoves, 28 Marzo 2019 15:07
AddThis Social Bookmark Button

descarga1Os tráficos do porto de Vilagarcía rexistran ao remate de febreiro un incremento do 5,36%, alcanzándose a cifra de 207.573 toneladas, fronte ás 197.018 toneladas do mesmo periodo do ano anterior.

Destaca neste balance o incremento de tráficos na categoría de graneis sólidos, que soben un 18,8% con relación ao mesmo periodo do ano anterior. Isto obedece sobre todo ao incremento nas operativas de cuarzo, que case roza as 40.000 toneladas, cun alza do 72% con relación aos dous primeiros meses do pasado ano. Tamén melloran as súas cifras de 2018 os cereais, que soben un 9,43% e superan as 25.000 toneladas, e o cemento, que se sitúa por encima das 10.000 toneladas movidas nos dous primeiros meses do ano (+24,42% con relación ao ano anterior). En total, na categoría de graneis sólidos contabilizáronse ata o remate de febreiro 86.199 toneladas de mercancía movida a través dos peiraos arousanos.

En cifras absolutas, continúa encabezando o reparto de tráficos portuarios a mercancía xeral, da que se moveron nos dous primeiros meses do ano un total de 91.527 toneladas. O principal produto nesta categoría, a mercancía contenerizada, suma nos dous primeiros meses do ano 47.940 toneladas, equivalentes a 5.839 TEUs (+9,86%). Tamén destaca o incremento no movemento de taboleiro que se exporta a través do Porto de Vilagarcía, alcanzándose as 26.613 toneladas movidas entre xaneiro e febreiro (+6,95%).

Finalmente, na categoría de graneis líquidos o aceite continúa con excelentes registros e experimenta un incremento do 58,36% nos seus tráficos con relación aos dous primeiros meses do pasado ano, alcanzando a cifra de 19.937 toneladas movidas. Tamén a parafina sitúase por diante dos seus rexistros do pasado exercicio, aínda que o descenso no tráfico do metanol fai que nos dous primeiros meses do ano, o total de tráficos nesta categoría estea ligeramente por baixo das súas cifras de 2018 (739 toneladas menos). En total, entre xaneiro e febreiro movéronse polo porto de Vilagarcía 29.847 toneladas de graneis líquidos.

Tanto en xaneiro como en febreiro superáronse as 100.000 toneladas mensuais, o que supón en excelente comezo de exercicio. A presidenta -que presentou este balance de tráficos na última sesión do consello de administración do porto- destaca que “estas boas cifras están tendo continuidade neste mes de marzo no que tamén se van a superar os registros do pasado ano, tanto no acumulado como no cómputo mensual”.

Sagrario Franco apunta que “a nosa función, desde a presidencia e desde o Consello de Administración, e co traballo de todo o equipo humano da Autoridade Portuaria, é contribuír, mediante a optimización das infraestructuras e servizos que gestionamos ou supervisamos, á maior competitividade do porto, reforzando así o seu papel como plataforma intermodal ao servizo de todo o seu hinterland. Para iso, é importante traballar aspectos como a axilidade, a flexibilidade, a eficiencia e a sustentabilidade en todas as nosas actuacións. Pero iso de nada serviría sen o labor que realizan os nosos operadores e as empresas asentadas no dominio público portuario, ou que utilizan as nosas instalacións. A súa aposta por integrar o porto de Vilagarcía dentro das súas cadeas loxísticas repercute positivamente na economía do municipio e a comarca, e contribúe decisivamente ao desenvolvemento socioeconómico de toda a nosa área de influencia”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.