facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Domingo, 25-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria pón en marcha unha actuación integral para incrementar a seguridade viaria nas zonas abertas ao uso público
Martes, 02 Abril 2019 09:55
AddThis Social Bookmark Button

rotonda pasaxeiros2A Autoridade Portuaria de Vilagarcía vai desenvolver unha batería de actuacións destinadas a incrementar a seguridade nos viais portuarios abertos ao uso público.

Nestas áreas de confluencia porto-cidade rexístrase unha importante diversidade de actividades e tipos de usuarios, polo que a Autoridade Portuaria considerou oportuno desenvolver unha intervención integral que asegure unha mellor convivencia e unha maior seguridade para peóns, ciclistas e condutores.

As intervencións programadas, que inclúen actuacións sobre os viais e un reforzo da sinalización, concéntranse nas rúas Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, e o seu comezo está previsto esta mesma semana. Por esa razón, poderán realizarse desvíos puntuais do tráfico con dirección Carril pola Avda. da Mariña, que inicialmente está previsto que se produzan na xornada do mércores.

Entre outras actuacións, está previsto a instalación de badéns nas inmediacións da rotonda na confluencia do acceso ao Peirao de Pasaxeiros e rúa Rivero de Aguilar: Tamén se prevé instalar nova sinalización nos pasos peonís de Valle-Inclán, cun sistema que permite detectar a presenza de peatones con intención de cruzar, provocando a activación de sinalización luminosa nos pasos de cebra. Igualmente, intervirase sobre a rotonda do peirao do Ramal, para conseguir un acceso máis ordenado e controlado ao interior da rotonda, evitando que os vehículos circulen a unha velocidade superior á permitida

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.