facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 17-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía comeza 2019 co mellor balance trimestral de tráficos dos últimos 15 anos
Luns, 22 Abril 2019 12:55
AddThis Social Bookmark Button

muelle31.10.18 foto 1O Porto de Vilagarcía acaba de pechar o mellor primeiro trimestre do ano nos últimos 15 anos, ao mover entre xaneiro e marzo 310.924 toneladas de mercancía, un 17,4% máis que no mesmo periodo do ano anterior.

A Autoridade Portuaria supera deste xeito a marca establecida en 2003 con 303.273 toneladas entre xaneiro e marzo, e encadena sete meses -desde setembro do pasado ano- superando a cifra de 100.000 toneladas mensuais.

Os tres primeiros meses do ano pecháronse con rexistros de tráficos moi similares: 103.323 toneladas en xaneiro, 104.250 toneladas en febreiro e 103.351 en marzo, ata sumar as mencionadas 310.924 toneladas no trimestre, fronte ás 264.762 toneladas contabilizadas entre xaneiro e marzo de 2018. Este aumento dos tráficos constátase nas tres categorías en que se agrupan os produtos movidos polo porto: graneis sólidos, graneis líquidos, e mercancía xeral.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, destacou a importancia das cifras, “que son resultado do labor da nosa comunidade portuaria, co respaldo colectivo da Autoridade Portuaria, e reflicten o peso do porto de Vilagarcía como axente económico e social para o desenvolvemento da súa área de influencia”.

Con relación ao balance trimestral de tráficos, o maior volume corresponde á categoría de mercancía xeral, con 152.263 toneladas movidas, un 8,9% máis que o ano anterior. Destaca neste apartado o incremento no número de contedores movidos no trimestre, que suman 9.507 TEUs, un 19,6% máis que no mesmo periodo do ano anterior. Soben tamén taboleiro e accesorios (39.392 toneladas, +5,2%), e pasta de papel, da que se contabilizan 1.503 toneladas, fronte ás 999 do primeiro trimestre do pasado ano, mentres que o aluminio mantense en cifras moi similares ás do pasado exercicio.

Porcentualmente, o maior incremento corresponde aos graneis sólidos, que se sitúan en segunda posición neste balance trimestral de tráficos portuarios, con 115.597 toneladas de mercancía movida, o que supón un aumento do 34,2% con relación ao mesmo periodo do pasado ano. O cuarzo continúa na traxectoria ascendente dos últimos meses e suma 39.661 toneladas, fronte ás 23.014 do mesmo periodo do pasado ano (+72,3%), e mantén holgadamente a primeira posición nesta categoría. En segunda posición sitúanse cereales e as súas harinas (28.878 toneladas,+ 9,6%), seguida da urea (23.389 toneladas, +10,9%). É de destacar o aumento no tráfico de cemento por instalación especial, que alcanza as 18.303 toneladas, un 38,7% máis que no periodo xaneiro-marzo de 2018.

Finalmente, na categoría de graneles líquidos tamén se mellora, ao remate de marzo, o resultado do primeiro trimestre de 2018, cun incremento do 11,1% ata sumar un total de 43.064 toneladas. Sobe principalmente o aceite, con 25.928 toneladas movidas, o que supón un 24,8% máis que os seus tráficos no mesmo periodo de 2018. Máis destacado aínda é o incremento porcentual no movemento de parafina, que aumenta un 189% ata sumar 5.889 toneladas fronte ás 2.033 do ano anterior.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.