facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 27-Maio-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía recibe mañá o seu primeiro cruceiro do ano coa escala do "Serenissima"
Venres, 26 Abril 2019 14:07
AddThis Social Bookmark Button

crucero serenissimaO porto de Vilagarcía recibirá mañá, sábado, a escala do cruceiro “Serenissima”, que desde as sete e media da mañá e ata as cinco da tarde permanecerá atracado no peirao de O Ramal.

 O “Serenissima” é un buque da navieira Noble Caledonia que xa visitou o porto de Vilagarcía en dúas ocasións anteriores. Trátase dun cruceiro de pequeno tamaño, con 87 metros de eslora e menos de cinco de calado, de estilo clásico. A bordo viaxan 86 pasaxeiros e 53 tripulantes. O “Serenissima” arribará a Vilagarcía procedente do porto portugués de Leixoes e fará a súa saída con destino A Coruña.

Para facer máis cómoda e atractiva a estancia de pasaxeiros e tripulación en Vilagarcía, a Autoridade Portuaria poñerá en marcha actuacións habituais nas escalas de cruceiro: se habilitará a pé de peirao un punto de atención ao visitante atendido por persoal da Autoridade Portuaria e se facilitará un servizo lanzadeira gratuito entre o peirao e o centro urbano prestado polo tren turístico.

A esta primera escala do ano seguiralle outra o próximo luns, día 29 de abril, data na que está previsto que recale en Vilagarcía o cruceiro “Ocean Adventurer”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.