facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Domingo, 26-Maio-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía rexistra o mellor comezo do ano de todo o sistema portuario, cun incremento dos seus tráficos do 17,43%
Venres, 10 Maio 2019 14:09
AddThis Social Bookmark Button

descarga comercial oesteO Porto de Vilagarcía experimenta no primeiro trimestre do ano o maior incremento porcentual de tráficos do conxunto de 28 Autoridades Portuarias de interese xeral, cunha subida do 17,43%.

Neste mesmo periodo, o crecemento medio do conxunto do sistema portuario foi do 3,55%, de acordo coas estatísticas publicadas esta semana por Portos do Estado. O tráfico total rexistrado a través dos peiraos arousanos entre xaneiro e marzo foi de 312.395 toneladas.

O Porto de Vilagarcía non só encabeza a estatística de aumento porcentual de tráficos no global das mercancías. Tamén supera os incrementos medios nas tres categorías individualmente consideradas. Así, na categoría de graneis líquidos os tráficos arousanos entre xaneiro e marzo subiron un 11,05% con relación ao mesmo periodo do ano anterior, sumando un total de 43.064 toneladas. A subida media do sistema portuario foi do 1,62%. No apartado de graneis sólidos alcanzáronse as 115.599 toneladas no trimestre grazas a un incremento porcentual do 34,15% con relación ao pasado ano, sendo o terceiro maior aumento de todo o sistema, que subiu como media un 0,53%.

Finalmente, no apartado de mercancía xeral, que supón aproximadamente a metade de todos os tráficos do porto de Vilagarcía, a subida no primeiro trimestre do ano foi do 8,91%, tres puntos porcentuales por encima do crecemento medio do sistema portuario estatal, que foi do 5,91%. O total de toneladas movidas nesta categoría foi de 152.220 toneladas. Nesta categoría destaca o crecemento no número de TEUS movidos, que foi do 19,60%. Así, a través da terminal de contenedores xestionada por Boluda movéronse entre xaneiro e marzo un total de 9.507 TEUs, fronte aos 7.949 TEUs do ano anterior. O número de TEUs movidos no sistema portuario creceu como media un 5,5% neste mesmo periodo.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, valorou moi positivamente estes datos, sinalando que “as cifras poñen de manifesto que o porto de Vilagarcía acrecenta a súa importancia nas cadeas loxísticas asociadas a sectores moi diversos da economía da nosa zona de influencia, sendo un referente para o seu conectividade exterior”. Franco Malvar engadiu que a flexibilidade, axilidade e seguridade do Porto de Vilagarcía, xunto coa súa adaptabilidade, “permítennos ofrecer -en estreita coordinación coa nosa comunidade portuaria- unha atención individualizada ás necesidades dos nosos clientes e usuarios, prestando unha valiosa contribución ao desenvolvemento socioeconómico do noso hinterland en expansión”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.