facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto acollerá este venres a primeira operativa ferroviaria con mercancías ata o peirao de Ferrazo, a cargo de Boluda
Martes, 11 Xuño 2019 09:51
AddThis Social Bookmark Button

tren terminalA empresa Boluda, concesionaria da terminal de contenedores, realizará este venres unha operativa ferroportuaria no porto de Vilagarcía, o que supoñerá o estreo por parte dun operador do trazado ferroviario ao porto desde a súa extensión aos peiraos Comercial, de Comboa e de Ferrazo.

A operativa supoñerá a culminación ao esforzo económico e técnico realizado pola Autoridade Portuaria para dotarse dun trazado ferroviario moderno, eficiente e que dá servizo a todos os seus peiraos, plenamente adaptado ás actuais necesidades do transporte intermodal de mercancías, ao que se suma o labor realizado polo operador Boluda para a captación de tráficos intermodais no porto de Vilagarcía. Ademais, a compañía Boluda vén dotando á terminal de máis maquinaria para poder facer fronte a esta nova actividade.

A baixada do tren procedente da estación de ferrocarril está prevista que comece ás 11.40 da mañá, e a subida realizarase ás 20.00 horas.

Con motivo da operativa, pecharase ao tráfico o vial Rivero de Aguilar, en toda a súa extensión (desde O Ramal e ata a rotonda do Cavadelo) para permitir o paso do convoi ferroviario. Tamén se cortarán os dous carrís de titularidade portuaria (dirección Vilaxoán) da rúa Valle-Inclán. Estes cortes de tráfico terán unha duración aproximada de 10 minutos, tempo suficiente para que o tren percorra, a paso de home, o tramo entre O Ramal e a entrada ao porto (xunto ao depósito de auga). No cruzamento da rotonda de Rosalía de Castro, a duración do corte será de tres minutos aproximadamente, o tempo imprescindible para permitir o paso da composición ferroviaria, cuxa extensión é de 450 metros.

Para realizar esta operación verificáronse, en varias reunións, que os protocolos desenvolvidos pola Autoridade Portuaria dan resposta ás necesidades dos operadores e do terminalista, garantindo a seguridade e o tránsito seguro do ferrocarril.

A Autoridade Portuaria agradece a comprensión da cidadanía polos inconvenientes que esta operativa, que discorre íntegramente por terreos de titularidade portuaria, poida causar no tráfico rodado.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.