facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 17-Xullo-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria organiza unha visita a Sálvora para asistir ao aceso do seu faro con motivo do Día Mundial de Axudas á Navegación Marítima
Venres, 21 Xuño 2019 12:58
AddThis Social Bookmark Button

faro salvoraA Autoridade Portuaria organiza unha xornada en Sálvora con motivo do primeiro Día Mundial de Axudas á Navegación Marítima, que se conmemora o luns, 1 de xullo. As instrucións para a inscrición e os formularios correspondentes están dispoñibles ao final desta noticia

Para celebrar esta efeméride, a Autoridade Portuaria levará a cabo unha visita á illa de Sálvora e procederá ao aceso do seu faro ás 12.00 horas do día 1 de xullo. Con esta acción, preténdese visibilizar a importancia das axudas á navegación como ferramenta imprescindible para a seguridade no tráfico marítimo.

A xornada está aberta á cidadanía en xeral, cun total de 100 prazas dispoñibles para as persoas que desexen participar. A saída desde o porto terá lugar ás 9.30 horas do luns 1 de xullo e os asistentes estarán de regreso en Vilagarcía ás 16.30 horas. Só se permitirá unha inscripción por persoa, salvo o caso de adultos que actúen como acompañantes responsables dun ou varios menores de 16 anos, quen deberán formalizar a súa propia inscripción e a dos menores ao seu cargo, en formularios independentes.

A participación nesta xornada tamén está aberta a persoas que desexen desprazarse á illa de Sálvora polos seus propios medios, debendo anotarse previamente na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Nos seguintes enlaces pode consultar as instrucións para a inscrición e descargar os formularios correspondentes. Recoméndase ler coidadosamente as instrucións antes de cumprimentar os formularios. Os formularios tamén poderán obterse nas propias oficinas da Autoridade Portuaria.

Instrucciones

Formulario general

Formulario para menores de 16 años opción 1

Formulario para menores de 16 años opción 2

Puerto de Vilagarcía, 21 de xuño de 2019.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.