facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A xornada en Sálvora organizada pola Autoridade Portuaria pecha o prazo de inscripción por haberse cuberto todas as prazas
Luns, 24 Xuño 2019 14:00
AddThis Social Bookmark Button

faro salvoraA xornada en Sálvora organizada pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía para conmemorar o Día Mundial das Axudas á Navegación Marítima espertou o interese de numerosos cidadáns, que durante a xornada de hoxe formalizaron a súa inscrición nesta actividade.

Ás 14.00 horas de hoxe o número de persoas anotadas xa superaba as cen prazas ofertadas na actividade, polo que se procedeu a pechar o prazo de inscrición, tal e como estaba previsto no caso de que as solicitudes superasen as prazas dispoñibles.

De conformidade co procedemento de inscripción establecido, a adxudicación das prazas realizarase por orde de presentación da solicitude. A Autoridade Portuaria poñerase en contacto a partir do mércores con cada un dos solicitantes que obteñan praza, para comunicarllo e ofrecer información práctica para a participación nesta actividade. As persoas que se inscribiron hoxe pero non obteñan praza (por non estar entre os 100 primeiros solicitantes) entrarán en lista de espera, por si se producisen baixas ou renuncias antes da data de celebración da xornada.

A xornada en Sálvora celébrase con motivo do Día Mundial das Axudas á Navegación Marítima, que por primeira vez conmemórase este ano. Os asistentes desprazaranse ata a illa e unha vez alí poderán asistir ao aceso do seu faro, ás 12.00 horas, e coñecer a contorna.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.