facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 17-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Os tráficos do porto de Vilagarcía increméntanse un 3,5% no primeiro semestre do ano
Venres, 28 Xuño 2019 13:27
AddThis Social Bookmark Button

consejo junio19O porto de Vilagarcía pechará o primeiro trimestre do ano 2019 cun incremento provisional dos seus tráficos do 3,5%, de acordo coas cifras feitas públicas pola presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, na sesión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria celebrada o 27 de xuño.

Sagrario Franco destacou que “os datos son positivos ao manterse a tónica de incremento sostido dos tráficos dos últimos meses: pecharemos o semestre cun total provisional de 620.628 toneladas movidas, fronte ás 599.655 do periodo xaneiro-xuño do pasado ano”.

Por categorías, o maior incremento porcentual rexístrase no apartado de graneis líquidos, cun incremento do 16,8%. Todos os produtos incluídos nesta categoría melloran as súas registros con relación ao pasado ano. Porcentualmente a maior subida é a da parafina, cun 169% ao pasar de 3.159 a máis de 8.500 toneladas. O primeiro lugar por volume de tráficos en términos absolutos neste apartado segue ocupándoo o aceite, con case 50.000 toneladas movidas no semestre. En canto ao metanol, contabilízanse case 40.000 toneladas. Globalmente, movéronse neste semestre 97.725 toneladas de graneis líquidos, fronte ás 83.672 do primeiro semestre de 2018.

Nos graneis sólidos o total de toneladas entre xaneiro e xuño ascende a 212.472, cifra ligeramente inferior á do mesmo periodo do pasado ano. Nesta categoría o maior incremento porcentual corresponde ao cemento por instalación especial, que suma 38.931 toneladas, un 33,4% máis que no mesmo periodo do pasado ano. Sobe tamén a urea, con 46.908 toneladas (+7,6% con relación a xuño de 2018) e o cuarzo, que con 78.149 toneladas (+14,9%) continúa encabezando, de forma destacada, o reparto de tráficos nesta categoría.

Finalmente, no apartado de mercancía xeral movéronse no primeiro semestre do ano 310.430 toneladas. A gran maioría de produtos integrados nesta categoría melloran os seus tráficos con relación ao periodo xaneiro-xuño de 2018. Así, o movemento de contenedores aporta 155.742 toneladas ao balance semestral de tráficos, que se corresponden con 18.274 TEUs fronte aos 16.976 TEUs do pasado ano (+7,7%); o taboleiro suma 76.288 toneladas (+0,6%); o aluminio, 65.339 (+3,5%). Contabilízanse tamén 6.517 toneladas de pasta de papel fronte ás menos de 1.000 do mesmo periodo do pasado ano, e 5.559 toneladas de pesca conxelada (+28,94%). O incremento porcentual nesta categoría de mercancía xeral no semestre foi do 4%.

A presidenta da Autoridade Portuaria resaltou que “estas boas cifras, así como a posta en marcha dun servizo intermodal de transporte ferroportuario, supoñen un espaldarazo á aposta desta Autoridade Portuaria por unha xestión centrada na optimización das infraestruturas creadas, a atención ás necesidades específicas de cada cliente, a axilidade, a flexibilidade e a eficiencia, así como unha mostra evidente do bo facer da nosa comunidade portuaria, xunto á que traballamos estreitamente para converternos en referencia para a conectividade exterior do noso hinterland en expansión”.

Na súa intervención ante o Consello, a presidenta destacou a importancia da recente posta en funcionamento da ampliación da rede ferroviaria do porto, que supón a culminación ao esforzo, tanto técnico como económico, realizado por esta Autoridade Portuaria para dotarse de instalacións plenamente adaptadas ás actuais necesidades do transporte intermodal de mercancías, facendo extensivo o servizo ferroviario aos peiraos nos que se concentra o maior volume de tráficos.

Ata a data, a empresa Boluda realizou dúas operativas, estando a terceira prevista para o venres 28 de xuño.Sagrario Franco afirmou que “a posta en marcha deste conexión ferroviaria con Madrid de periodicidadse semanal para o movemento de contenedores permite ao porto acceder a mercados das zonas máis afastadas do seu hinterland, para as cales o transporte de mercancías por estrada resulta menos competitivo”.

Aprobación das contas anuais

Por outra banda, os membros do Consello aprobaron as contas anuais da entidade correspondentes ao exercicio 2018. O importe neto da cifra de negocios ascendeu a 5.056.758,71 euros, procedentes na súa meirande parte de taxas portuarias; con relación ao ano anterior, incrementáronse os ingresos procedentes de taxas portuarias, así como outros ingresos de negocio. O resultado de explotación foi positivo e o resultado do exercicio foi tamén positivo, arroxando un beneficio de 457.500,39 euros.

Porto de Vilagarcía, 28 de junio de 2019

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.