facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Agan+ e a Autoridade Portuaria avanzan no proxecto de creación do porto de escala piloto para os itinerarios costeiros culturais
Venres, 19 Xullo 2019 14:49
AddThis Social Bookmark Button

pantalan darsena 2A Asociación Galega de Actividades Náuticas Agan e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía reuníronse recientemente co obxectivo de concretar todos os detalles sobre o equipamiento que se instalará neste porto grazas aos fondos do Proxecto Ecodestin, destinados á creación dun porto escala piloto para os itinerarios costeros culturais. O investimento a realizar con cargo a esta iniciativa ascende a 20.000 euros, aproximadamente.

O proxecto optimizará o aproveitmiento do peirao-pantalán da dársena 2, unha infraestrutura na que se habilitarán seis prazas de 11 metros cada unha nas cales poderán atracar veleiros, catamaráns e embarcacións a motor.

Entre as actuacións máis destacadas que se van a realizar atópanse: a sinalización das prazas de atraque como porto escala, a instalación de equipamiento tecnolóxico que permite a apertura da porta do pantalán a través do sistema de reservas utilizando códigos QR, e a dotación dun sistema para facilitar a entrada guiada ao porto cunha aplicación de realidade aumentada. Ademais disto, tamén se estudiou e valorou a ubicación dos paneis que incluirán a información referente á acolleita turística.

O sistema que se vai aplicar neste porto é pionero e supón unha instalación piloto que posteriormente Portos de Galicia prevé implantar noutras instalacións portuarias da provincia de Pontevedra.

O Proxecto Ecodestin_3IN, enmarcado no Programa INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), persegue o incremento da atracción do territorio da eurorrexión a través do fomento e desenvolvemento do seu patrimonio natural e cultural vinculado a rías, ríos e costa.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.