facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Boluda consolida a operativa ferroviaria ao peirao de Ferrazo cunha segunda frecuencia semanal, fixada para os xoves
Martes, 06 Agosto 2019 13:24
AddThis Social Bookmark Button

tren contenedores ferrazoTan só mes e medio logo da entrada en funcionamento da ampliación da rede ferroviaria do porto de Vilagarcía co movemento dun tren todos os venres, a empresa Boluda -concesionaria da terminal de contenedores- consolida e amplía a súa operativa ferroportuaria incorporando unha segunda frecuencia semanal, que terá lugar os xoves. 

A firma utiliza o trazado ferroviario do porto para o movemento de contenedores procedentes de Madrid e con destino a Canarias.

A posta en marcha desta segunda frecuencia producirase esta mesma semana. A semana próxima non terá lugar ningunha operativa pola coincidencia cos días centrais das festas de Santa Roque e Festa da Auga. As dúas últimas semanas do mes, está previsto que se manteñan esas dúas frecuencias semanais, os días 22 e 23, e 29 e 30 de agosto.

A posta en marcha desta conexión ferroviaria con Madrid por parte da empresa Boluda permitiu a captación de tráficos de media distancia para os que o transporte en estrada resulta menos competitivo, e menos sustentable dende o punto de vista medio ambiental. O movemento dos trens está a cargo de Renfe como operadora ferroviaria.

A Autoridade Portuaria recorda que os horarios de baixada e subida non son fixados por este organismo de xeito aleatorio, senón que se establecen en función da disponibilidade de uso da infraestrutura ferroviaria xeral (non portuaria) titularidade de ADIF, a cal é limitada ao longo do día xa que o seu uso debe compatibilizarse co paso de trens de pasaxeiros, que teñen prioridade.

Con relación á afectación sobre o tráfico rodado nos viais portuarios de uso público polo que discorre a conexión ferroviaria, desde a posta en marcha do primeiro servizo xa se tomaron medidas para reducir o impacto, como axilizar a apertura de Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, abríndose ao tráfico por tramos entre rotondas tralo paso da composición ferroviaria.

A Autoridade Portuaria, na súa condición de titular do trazado, continuará coordinándose con Boluda, con Renfe e Adif, e tamén co Concello de Vilagarcía, a fin de optimizar o desenvolvemento da operativa para causar as mínimas interferencias posibles no tráfico rodado e compatibilizar do mellor xeito posible os diferentes tipos de circulación en Rivero de Aguilar e Valle-Inclán que, como se sabe, son viales de titularidade portuaria, abertos ao uso público.

Porto de Vilagarcía, 6 de agosto de 2019.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.