facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A baixada do tren ao peirao de Ferrazo adiántase ás 10 da mañá en todas as operativas programadas para o mes de agosto
Mércores, 07 Agosto 2019 16:27
AddThis Social Bookmark Button

tren comercialAs seis operativas ferroportuarias programadas para este mes de agosto modificarán o horario de baixada do ferrocarril con relación ás realizadas desde que, a mediados do mes de xuño, se puxo en servizo o tendido ferroviario do porto de Vilagarcía coa chegada, todos os venres, dun tren con contenedores procedentes de Madrid e con destino á terminal de Boluda no peirao de Ferrazo.

O novo horario establecido para a baixada da composición ferroviaria son as 10 da mañá. Iso é posible porque a chegada do tren de Madrid fletado por Boluda e operado por Renfe Mercancías adiántase con respecto ás operativas anteriores. Esta mañá celebrouse unha reunión entre responsables da Autoridade Portuaria e da Policía Local a fin de coordinar a operativa de corte de tráfico no novo horario, xa que a colaboración da administración local é moi importante para que a circulación ferroviaria se desenvolva do xeito máis áxil posible e ao mesmo tempo, coa máxima seguridade. Con relación ao horario de subida, inicialmente mantense para as 19.20 horas (hora de saída do porto), do mesmo xeito que nas últimas operativas.

 

Espérase que o novo horario permita reducir a afectación que o paso da composición ferroviaria ten sobre o tráfico rodado nos viais portuarios de uso público Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, que diariamente soportan unha gran intensidade circulatoria non relacionada co porto, especialmente durante os meses de verán.

 

Como se informou onte, ao longo deste mes están previstas dúas operativas semanais, os xoves e os venres, excepto a semana próxima, en que pola coincidencia cos días centrais das festas de San Roque, non se desenvolverá ningún operativo.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.