facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
El primer tren en horario de las 10 de la mañana circulará este viernes, al cancelarse la operativa inicialmente prevista para este jueves
Martes, 20 Agosto 2019 11:30
AddThis Social Bookmark Button

tren vilagarcia entradapuertoA previsión inicial de operativas ferroportuarias para este mes de agosto sufriu unha modificación, ao suspenderse o transporte ferroviario inicialmente previsto para este xoves.

Despois de que a semana pasada, pola coincidencia cos días centrais das festas, non houbese ningunha operativa, estaba previsto que esta semana baixasen dous trens desde a estación ao porto de Vilagarcía. No entanto, cuestións logísticas levou á cancelación do convoI programado para este xoves. Será pois o venres o día en que opere o primeiro tren no novo horario das 10 da mañá, estando previsto o seu regreso á estación ás 19.20 horas.

Ademais, tamén se cancelaron as operativas que se ían a desenvolver a semana próxima por axustes na programación e planificación de transporte de mercancías desde e cara á terminal de Ferrazo.

Co novo horario das 10 da mañá prevese que a incidencia do paso da composición ferroviaria no tráfico rodado se vexa reducida. A Autoridade Portuaria, en coordinación co Concello, xa introduciu algunhas melloras no protocolo para a baixada e subida do tren, aínda que é previsible que o seu impacto se deixe sentir máis despois do verán, cando a intensidade de tráfico en Vilagarcía recupere os seus niveis habituais.

Con relación a este asunto, esta mañá celebrouse unha reunión entre a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a fin de analizar a posibilidade de introducir cambios adicionais na operativa que permitan reducir a súa incidencia no tráfico da cidade. Cómpre lembrar que o trazado ferroviario ao porto discorre íntegramente por terreos de titularidade portuaria, aínda que no caso dos viales Rivero de Aguilar e Valle-Inclán estes estean abertos ao uso público e ao tráfico non portuario.

O feito de que estas vías portuarias constitúan un eixe crave para os desprazamentos entre o norte e o sur do casco urbano fai que soporten diariamente, e aínda máis en tempada estival, un elevado tránsito de vehículos non relacionados coa actividade do porto, o cal debe compatibilizarse co paso do tren os días en que está programada operativa ferroportuaria.

O transporte intermodal marítimo-ferroviario non só incrementa a actividade portuaria e reforza o papel do porto e a cidade de Vilagarcía como motor económico da comarca, senón que tamén é un modo de transporte eficiente e sustentable, con menores repercusiones ambientais do que supoñería o traslado dese mesmo volume de mercancías por estrada.

Con relación aos posibles cambios de horario, a presidenta trasladou ao alcalde de Vilagarcía que a Autoridade Portuaria é responsable da baixada e subida do tren no tramo desde a estación ata o peirao de Ferrazo, pero os horarios de chegada e saída do tren da estación arousá implican moitos máis axentes e factores e supedítanse con carácter xeral á dispoñibilidade de uso da infraestrutura ferroviaria xeral (non portuaria) para transporte de mercancías, a cal é limitada ao longo do día xa que o seu uso debe compatibilizarse co paso de trens de pasaxeiros, que teñen prioridade.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.