facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O presidente da Xunta destaca na súa visita a Cefrico a contribución da industria do mar á riqueza de Galicia
Mércores, 30 Outubro 2019 14:25
AddThis Social Bookmark Button

visita cefrico2O presidente Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou o 28 de outubro no Porto de Vilagarcía as instalacións da empresa Cefrico, dedicada á elaboración e envasado de produtos do mar.

O presidente da Xunta visitou a empresa de transformación de peixe acompañado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, responsables autonómicos e da Autoridade Portuaria, así como da empresa Mercadona, un dos principais clientes de Cefrico. No seu percorrido polas instalacións, o grupo estivo acompañado polo director xeral da compañía Profand, Enrique García, e outros responsables da firma.

O presidente da Xunta recalcou na súa intervención trala visita a importancia do sector e a súa capacidade exportadora. Neste ámbito da transformación de produtos pesqueros, Galicia rexistra exportacións por valor de máis de 2.200 millóns de euros (+70% na última década), superando as 600.000 toneladas (+27% na última década).

Feijóo incidió na necesidade de seguir apostando pola viabilidade e competitividade das industrias conxeladoras e conserveiras galegas e destacou que ambas xeran sobre o total de España: o 61% do valor económico global, máis de 6.100 millóns de euros; e o 57% do emprego, máis de 13.200 postos de traballo a tempo completo.

Na visita a Cefrico, Feijóo resaltou o grupo Profand como un exemplo do pulo do sector transformador de produtos da pesca en Galicia; “como un exemplo de como as empresas apostan por seguir crecendo e por facelo na Comunidade”. Profand é a matriz de Cefrico, empresa que no porto de Vilagarcía dispón dunha concesión administrativa de 30.000 metros cadrados. A empresa comezou a traballar no porto no ano 2010 e actualmente traballan nela máis de 500 persoas. Tras unha recente ampliación, o prazo concesional das súas instalacións no porto arousano esténdese ata 2043.

Pola súa banda, o grupo Profand está presente en sete países e catro continentes e ten actividade produtiva en sete países. O director xeral da compañía, Enrique García, destacou na súa intervención que “é un orgullo poder ir sempre da man de Mercadona, para seguir apostando polo crecemento sostido do Grupo Profand”. Como claves deste crecemento, García apuntou a “o investimento constante no impulso e a profesionalización da organización, para garantir un alto nivel de competitividade dentro da industria, non só a nivel nacional senón tamén internacional”, engadindo que “como empresa familiar, continuaremos apostando polo desenvolvemento de Galicia e do sector da pesca”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.