facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 09-Abril-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria reordena os accesos ao recinto portuario para incrementar a fluidez do tráfico de saída do porto
Martes, 12 Novembro 2019 13:25
AddThis Social Bookmark Button

obra accesos 1Mellorar a fluidez do tráfico de saída do recinto portuario é o obxectivo que pretende a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coas obras de reordenación dos accesos ao puerto que comezaron o 11 de novembro.

Os traballos, cun orzamento de 33.892,78 euros, están a ser acometidos pola empresa Nemesio Ordóñez, SA.

As obras servirán para habilitar un segundo carril de saída no principal acceso ao recinto portuario, situado na confluencia das rúas Valle-Inclán e Pablo Picasso. A entrada a esta zona portuaria xa dispón dende hai tempo de dous carrís, pero ata a data só existía un carril de saída, situación que se corrixirá no prazo máximo de catro semanas. Cabo sinalar que o acceso principal do porto é o utilizado por todos os vehículos implicados nas operativas portuarias que se realizan nos peiraos Comercial, de Comboa e de Ferrazo, ademais de polos traballadores das firmas que dispoñen de concesións nesta área do porto.

 

A saída actualmente en uso quedará inutilizada a partir do 12 de novembro, abríndose o acceso alternativo ao porto situado á altura do depósito de auga (rúa Valle-Inclán), para a súa utilización por todos os vehículos que saian do recinto portuario. A entrada ao porto non se verá afectada polos traballos proxectados.

A Autoridade Portuaria agradece a comprensión dos condutores e usuarios do porto polos inconvenientes que estes cambios provisionais na ordenación dos accesos ao recinto portuario poidan ocasionar.

Porto de Vilagarcía, 11 de novembro de 2019.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.