facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Os aparcamentos do Ramal e o entorno do peirao deportivo pecharanse o mércores por labores de mantemento preventivo
Martes, 10 Decembro 2019 14:45
AddThis Social Bookmark Button

parking tir1Este mércores, día 11 de decembro, as áreas de estacionamiento de titularidade portuaria e uso público da Concha-O Ramal e zona anexa ao porto deportivo (explanada TIR) pecharanse para a realización por parte da Autoridade Portuaria dunha prospección xeofísica para analizar o estado do subsolo.

Este estudo enmárcase nun plan de mantemento preventivo que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía realiza en todas as súas instalacións, a fin de dispoñer de información fidedigna sobre o seu estado e planificar, no seu caso, as medidas correctivas oportunas. Posto en marcha hai xa algúns anos, o programa desenvólvese tanto na zona estritamente portuaria coma nas áreas de uso público destinadas á interacción porto-cidade, e que constitúen unha parte moi importante do dominio público portuario xestionado polo porto arousán.

Os labores a realizar obrigarán a pechar ambos aparcamientos, aínda que a previsión é que os mesmos poidan abrirse e utilizarse unha vez vaian concluíndo os traballos nas diferentes áreas incluídas no estudo. A Autoridade Portuaria xa puxo en coñecemento da policía local esta programación de obras, que se planificaron tendo en conta as previsións meteorolóxicas e evitando tamén aquelas datas nas que se prevé que o estacionamiento poida ter unha ocupación máis elevada.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.