facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade e implementa medidas de apoio á comunidade portuaria
Venres, 03 Abril 2020 13:10
AddThis Social Bookmark Button

descarga comercial oesteO Porto de Vilagarcía mantén a súa operatividade ao servizo da cidadanía e de toda a sociedade. Os portos de Interese Xeral do Estado son infraestructuras estratéxicas garantes do funcionamento de servizos que se definen como esenciais e xa que logo deben seguir operando, garantindo o fornezo e facilitando o fluxo da mercancía neles.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, apunta que “a importancia dos portos dentro das cadeas logísticas é mesmo maior hoxe que nunca, e grazas ao esforzo continuo e coordinado do persoal da Autoridade Portuaria, prestadores de servizos portuarios e operadores portuarios, podemos seguir desempeñando eficazmente un labor esencial para a sociedade”, nunhas circunstancias nas que a axilidade e a eficiencia das cadeas loxísticas cobra especial relevancia.

As operativas de buques de carga estanse desenvolvendo con normalidade, con todos os peiraos plenamente operativos. No mes de marzo, e comparado co periodo 1-31 de marzo do pasado ano, o balance provisional de tráficos apunta a unha diminución de tráficos portuarios da orde do 10%. Nos principais enclaves do sistema portuario por volume de tráficos, esta redución foi da contorna do 25%.

Por outra banda, a Autoridade Portuaria está implementando todas as medidas legalmente previstas para favorecer a continuidade da actividade dos operadores concurrentes nos portos, paliando os efectos negativos imputables á crise sanitaria do COVID-19. Entre estas medidas atópase facilitar o adiamento de pagos de taxas portuarias ou a redución temporal da esixibilidade de tráficos mínimos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.