facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria de Vilagarcía impulsa unha mostra fotográfica virtual e colaborativa como homenaxe ante a crise do COVID-19
Mércores, 13 Maio 2020 12:13
AddThis Social Bookmark Button

atardecer puertoRecoller e compartir as experiencias cidadás en relación coa crise sanitaria do COVID-19 é o obxectivo que se propón a Autoridade Portuaria de Vilagarcía coa organización de “Contra vento y marea”, unha exposición fotográfica virtual e colaborativa promovida como mostra de solidariedade e homenaxe.

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía recompilará testemuños fotográficos para mostrar -desde a perspectiva dos cidadáns- como a nosa sociedade adaptouse, con compromiso e responsabilidade, a esta situación excepcional: traballadores de servizos esenciais, persoal sanitario, teletraballo, situacións cotiás, etc. Trátase dunha iniciativa impulsada polo porto de Valencia e á que se sumaron diversas Autoridades Portuarias de toda España.

Para poder desenvolver esta iniciativa a Autoridade Portuaria invita tanto a afeccionados á fotografía como a profesionais a enviar imaxes para compartir a súa experiencia e a súa vivencia desta crise. As fotografías deberán remitirse á dirección de correo electrónico contravientoymarea@portovilagarcia.es, expresamente creada para este fin. As imaxes recibidas poderanse ver en galerías fotográficas tanto na web da Autoridade Portuaria como na súa páxina de Facebook.

No texto da mensaxe deberá facerse constar o nome da imaxe e nome do autor da fotografía, así como autorizar expresamente á Autoridade Portuaria a utilizar a imaxe na mostra. As fotografías deberán ser orixinais e o remitente das mesmas deberá ser o seu autor. Aa normativa así como o modelo para autorizar o uso da imaxe están dispoñibles no seguinte enlace.

 


 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.