facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria incrementa os seus tráficos en abril con respecto ao mesmo mes do pasado ano
Mércores, 20 Maio 2020 10:18
AddThis Social Bookmark Button

muelle 080420Dixitalización, apoio e coordinación coa comunidade portuaria e adaptabilidade son os tres eixes sobres os que pivotou a actuación da Autoridade Portuaria de Vilagarcía ao longo das últimas semanas marcadas pola alarma sanitaria do COVID-19. Iso permitiu ao porto seguir desenvolvendo un papel fundamental ao servizo do sector loxístico da súa contorna.

Como infraestructura estratéxica, o porto traballou intensamente e con axilidade na adaptación da súa actividade -tanto nos peiraos como nos diferentes servizos administrativos- aos cambios e esixencias derivadas da declaración do estado de alarma. A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, apunta que “o nivel de compromiso mostrado ao longo desta crise por todos os membros da comunidade portuaria, e polo persoal propio da Autoridade Portuaria, foi fundamental para que, desde o porto, poidamos atender satisfactoriamente aos nosos clientes e usuarios, e seguir desempeñando a nosa misión como referente loxístico para a conectividade exterior do noso hinterland”.

Tráficos portuarios

No referente á actividade nos peiraos, o esforzo da comunidade portuaria e da propia Autoridade Portuaria permitiu dar resposta ás necesidades do tecido produtivo da súa contorna, mantendo o número de operativas de carga e descarga nos peiraos nas últimas semanas en cifras similares ás do anterior exercicio. Iso posibilitou un incremento do movemento de mercancías no mes de abril do 17% con relación ao mesmo mes do ano anterior (90.595 toneladas en abril de 2020 fronte a 77.357 t en 2019).

No acumulado ata o mes de abril, contabilízanse un total de 365.191 toneladas movidas polos peiraos arousanos, fronte ás 387.154 toneladas do mesmo periodo de 2019. No global do periodo xaneiro-abril, tanto o tráfico de graneis líquidos como de mercancía xeral incrementou os seus volumes e só o movemento de graneis sólidos está por baixo do contabilizado no mesmo mes do pasado ano, aínda que o descenso tense revertido parcialmente no último mes.

Medidas de apoio á comunidade portuaria

A Autoridade Portuaria, en estreita coordinación coa comunidade portuaria -tanto concesionarios como operadores, prestadores de servizos e outras administracións con competencia neste ámbito- adoptou as medidas oportunas para que as operativas portuarias se leven a cabo de xeito áxil e seguro. Paralelamente, a Autoridade Portuaria implementou todas as medidas legalmente previstas para favorecer a continuidade da actividade dos operadores portuarios, paliando os efectos negativos imputables a esta crise sanitaria.

Avances na dixitalización

A Autoridade Portuaria mantivo en todo momento a atención a usuarios, clientes, proveedores, cidadanía e demais colectivos en xeral, durante as últimas semanas. Iso foi posible grazas ao impulso de diversas iniciativas de dixitalización de procesos que xa estaban en marcha, o que permitiu que a práctica totalidade do persoal dos diferentes servizos administrativos da organización poida desenvolver o seu traballo na modalidade de traballo non presencial. Neste mesmo periodo, continuaron desempeñando a súa actividade de xeito presencial os traballadores esenciais para o desenvolvemento da actividade nos peiraos.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.