facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria avalía o estado do firme en Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, como paso previo á súa pavimentación
Martes, 09 Xuño 2020 13:16
AddThis Social Bookmark Button

rivero de aguilarA Autoridade Portuaria realizará esta semana, dentro do seu programa de mantemento preventivo das súas instalacións, unha serie de catas nos viais de titularidade portuaria Rivero de Aguilar e Valle-Inclán (nos carrís de titularidade portuaria, que son os máis próximos ao mar) a fin de avaliar o estado do paquete de firme.

Os traballos van ser acometidos pola empresa Eurotec Inspección y Control, e está previsto que se prolonguen dous días, mañá mércores e o xoves. Para permitir a realización destas catas se habilitarán desvíos de tráfico provisionais. Os coches que circulen en dirección a Carril desde Vilaxoán deberán desviarse á altura da rotonda dos xulgados, na confluencia das rúas Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, e circularán pola Avda. da Mariña ata O Ramal. Os coches que transiten en dirección a Vilaxoán poderán circular por Rivero de Aguilar e Valle-Inclán, xa que só se pechará ao tráfico uns dos seus carrís, quedando o outro dispoñible.

Os dous viaís de titularidade portuaria presentan unha elevada carga de tráfico en gran medida relacionada coa mobilidade cidadá, xa que están plenamente abertos ao uso público. Por iso, a Autoridade Portuaria decidiu levar a cabo este estudo a fin de determinar o estado do pavimento non só na súa capa máis superficial, senón en todo o espesor da mestura bituminosa e ata a base da mesma. A realización deste estudo é un traballo previo á pavimentación deste vial, que se planificará tendo en conta as súas conclusións.

Esta actuación enmárcase no Plan de Mantemento Preventivo da Autoridade Portuaria que este organismo desenvolve anualmente e que afecta tanto á zona estrictamente portuaria como ás áreas de interacción porto-cidade.

Este documento planifica e prioriza as inspeccións a realizar en diferentes espazos de titularidade portuaria, o que permite dispoñer de información fidedigna sobre o seu estado de conservación e serve de base para a adopción de decisións sobre o seu mantemento, favorecendo unha intervención temprana o que posibilita unha redución de custos e unha mellor planificación dos traballos ao longo do exercicio.

Porto de Vilagarcía, 9 de xuño de 2020.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.