facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 01-Outubro-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Aceites Abril proxecta ampliar o seu centro logístico no porto de Vilagarcía, aumentando a súa capacidade actual nun 75%
Martes, 30 Xuño 2020 13:19
AddThis Social Bookmark Button

aceites abrilA empresa aceitera galega Aceites Abril proxecta reforzar a súa presenza no porto de Vilagarcía a través dunha ampliación das súas actuais instalacións, nas que se sitúa un centro loxístico de recepción, almacenamento e distribución de aceite.

A empresa prevé ampliar a superficie da súa actual terminal de graneis líquidos nun 21,2%, incorporando á mesma unha parcela anexa, de 396 metros cadrados de superficie, que estaba libre ata a data. O proxecto -que pola superficie incorporada, supón unha modificación substancial da concesión- está a exposición pública na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

A empresa Aceites Abril prevé construír nesta ampliación catro depósitos cunha capacidade de 1.500 metros cúbicos cada un. Na actualidade, os depósitos cos que a compañía conta no porto de Vilagarcía teñen unha capacidade conxunta de 7.930 metros cúbicos, co cal o proxecto presentado supón incrementar a capacidade das súas instalacións nun 75%, ata alcanzar case os 14.000 metros cúbicos. A finalidade é dotar ao recinto de maior marxe de manobra para o almacenamiento de stocks.

A compañía ourensana empezou a operar no Porto de Vilagarcía a finais de 2015, pechando ese exercicio cun total de 8.025 toneladas movidas no último trimestre do ano. En 2016, primeiro ano íntegro de actividade, o tráfico total na súa actual terminal de graneis líquidos do porto de Vilagarcía foi de 62.876 t. En 2017 aumentou ata as 76.526 t, e en 2018 sumou 82.712 toneladas. Ao remate de 2019, a cantidade de aceite movida por estas instalacións ascendeu a 91.448 toneladas.

Porto de Vilagarcía, 26 de xuño de 2020.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.