facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 14-Agosto-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A creación dun hotel no faro de Lariño, aposta da Autoridade Portuaria pola dinamización turística, encara a súa recta final
Mércores, 01 Xullo 2020 12:37
AddThis Social Bookmark Button

consejo junio  1O Consello de Administración da Autoridade Portuaria, reunido hoxe por primeira vez trala declaración da pandemia do COVID-19, aprobou o outorgamento á empresa Turismo de Faros, SL, dunha concesión no faro de Punta Insua para a creación dun hotel de 10 habitacións.

Deste xeito, o proxecto para o aproveitamento do potencial deste faro situado en Lariño (municipio de Carnota) como recurso para a dinamización turística da súa contorna mediante a creación dun establecemento hoteleiro nas instalacións en desuso da edificación encara a súa recta final.

O proxecto impulsado pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía comezou coa convocatoria dun concurso para o otorgamiento dunha concesión co obxecto de desenvolver actividades de tipo turístico (aloxamento) que puidesen favorecer o desenvolvemento de actividades culturais ou similares de interese social, complementadas ou non con restauración, nas edificacións e superficies anexas ao faro de Punta Insua. A oferta presentada por Turismo de Faros, SL foi a seleccionada neste concurso. O próximo paso tralo otorgamiento, hoxe, da concesión, será a aprobación do proxecto construtivo, documento que deberá recibir o visto bo do Consello de Administración antes do comezo das obras.

Sagrario Franco, presidenta da Autoridade Portuaria, sinala que "o noso propósito é que os espazos complementarios do faro -é dicir, aqueles que non son estrictamente necesarios para a súa función como axuda á navegación- poidan actuar como elemento dinamizador, desde o punto de vista turístico, da súa contorna, axudando á divulgación dos valores arquitectónicos, históricos e paisaxísticos da propia construción e do espazo natural no que se sitúa, e servindo como polo de atracción ao redor do cal pode articularse unha oferta de lecer e turismo novedosa, sustentable e con características singulares".

A posta en valor da contorna do faro de Lariño mediante o seu aproveitamento turístico, xunto co proxecto para o Faro de Corrubedo (pendente da realización de obras para a súa apertura, e adxudicada á empresa Rianxo Xestións de Proxectos) se incardinan no Plan Estratéxico da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, que contempla como unha das súas liñas de actividade a posta en valor deste importante elemento patrimonial. Tanto a iniciativa de Punta Insua como a de Corrubedo enmárcanse no proxecto Faros de España, cuxo obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades de tipo hoteleiro, aloxamento ou similar nos espazos en desuso dos faros, reforzando a súa relación coa sociedade.

O faro de Punta Insua, inaugurado en 1921, sitúase nunha parcela de 1.598,55 m2. En canto ás superficies cubertas, na parcela inclúese a edificación anexa ao faro, na que sitúa a linterna, cunha superficie en planta total de 324,50 m2.

A proposta seleccionada prevé a creación dun hotel de 10 habitacións o cal ocupará a práctica totalidade da superficie da edificación, salvo a área reservada para o servizo de axudas á navegación, que non forma parte da concesión. A oferta de Faro de Lariño complétase cun bar-taberna que se situará no antigo garaje. O proxecto prevé un investimento de 336.000 euros para o acondicionamiento dos espazos en desuso do faro, que manterá a súa configuración e aspecto actual, así como a súa actividade principal como axuda á navegación. Inclúense tamén na concesión o antigo garaje da parcela, cunha superficie de 25 m2, e unha edificación de 10m2 na que antiguamente se situaba un transformador, e que carece actualmente de uso.

Aprobación das contas anuais
Por outra banda, o Consello de Administración do porto tamén aprobou as contas anuais correspondentes ao exercicio 2019. Nos datos destaca que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía rexistrou o maior importe neto da cifra de negocios da súa historia, con 5.445.369,74 euros, case 400.000 euros máis que o récord establecido en 2018, como consecuencia da maior actividade portuaria.

Os ingresos procedentes de taxas portuarias aumentaron un 6,15% en 2019 con respecto ao exercicio anterior. O maior incremento correspondeu á taxa de ocupación -que abonan as empresas asentadas no porto-, que reportou uns ingresos de case 1,7 millóns de euros, un 8,09% máis que en 2018. En canto ás taxas de utilización das infraestructuras portuarias, estas superaron os 2,5 millóns de euros, sendo os ingresos procedentes deste apartado un 5% superiores aos do ano anterior. No referente os gastos, estes reducíronse no seu conxunto un 3,75% con relación ao ano anterior (4.157.151,92 euros fronte aos 4.319.147,93 €).

A contención do gasto e o incremento dos ingresos no exercicio 2019 permitiron pechar o ano cun resultado positivo de 1.126.357,81 euros, fronte aos 457.500,39 euros do ano 2018. Trátase do mellor resultado da última década.

A xeración de beneficios por parte da Autoridade Portuaria facilita a este organismo acometer os investimentos necesarios para a mellora das súas instalacións e servizos, non só en canto ás infraestruturas, senón tamén en ámbitos como a seguridade, dixitalización, etc, ou no mantemento e mellora dos espazos portuarios abertos ao uso público. Cabo recordar que a Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante establece o principio de autosuficiencia económica do sistema portuario, de maneira que as Autoridades Portuarias fináncianse cos ingresos procedentes da súa actividade, e non a través dos orzamentos xerais do estado.

Porto de Vilagarcía, 30 de xuño de 2020.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.