facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 04-Marzo-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria mellorará o firme de Rivero de Aguilar
Venres, 09 Outubro 2020 13:04
AddThis Social Bookmark Button

rivero de aguilar 2A Autoridade Portuaria de Vilagarcía realizará a semana próxima a pavimentación da rúa Rivero de Aguilar, entre a rotonda do peirao de Pasaxeiros e rotonda do Ramal, co obxectivo de renovar o firme naqueles puntos nos que se atopa deteriorado.

Os traballos están programados para o mércores 14 e o xoves 15. As obras a realizar obrigarán a cortar por completo o tramo ao tráfico rodado. Desde a rotonda de O Ramal permitirase o acceso a ese peirao e aos aparcamientos da zona TIR. Desde a rotonda de Pasaxeiros, poderase acceder ao aparcamiento situado na entrada a este peirao, así como ao establecemento de comida rápida contiguo a este, nos horarios de maior afluencia. O tráfico rodado dirección Carril será desviado na rotonda de O Cavadelo, dirección Avenida da Mariña.

As obras téñense coordinado co departamento da Policía Local do Concello de Vilagarcía, e planificáronse nas datas consideradas máis propicias: entre semana e unha vez pasado o verán, pero antes de que a chegada do mal tempo poida supoñer un obstáculo para a súa execución.

A Autoridade Portuaria é consciente de que a execución destes traballos (consecuencia directa da avaliación do firme en viales portuarios que se levou a cabo no mes de xuño) supoñerá un inconveniente para a circulación rodada non só no ámbito portuario, senón tamén cidadán, xa que este vial de titularidade portuaria presenta unha elevada carga de tráfico en gran medida relacionada coa mobilidade cidadá, ao estar plenamente aberto ao uso público. Por iso, a Autoridade Portuaria agradece a comprensión de todos os usuarios polas molestias que estes traballos poidan ocasionar.

Porto de Vilagarcía, 9 de outubro de 2020.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.