facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 03-Marzo-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Cores Tourís toma posesión como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía
Venres, 11 Decembro 2020 20:30
AddThis Social Bookmark Button

 toma posesin touris exteriorO presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, tomou posesión do seu cargo nun acto celebrado o 11 de decembro na sé da Autoridade Portuaria, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta destacou na súa intervención os retos que a Autoridade Portuaria ten por diante para seguir traballando por un porto máis operativo e eficiente.

Entre estes desafíos Núñez Feijóo mencionou o incremento do calado na canle de entrada e dársenas do porto; a reordenación interior dos espazos portuarios para gañar capacidade de almacenamiento e afondar na diferenciación entre o porto comercial/industrial e o porto cidadán; ou a mellora de servizos a través de iniciativas Smart. Feijóo destacou que o porto de Vilagarcía, como as restantes Autoridades Portuarias galegas, contará co apoio da Xunta para conseguir estes obxectivos.

Pola súa banda o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Cores Tourís, fixo alusión no seu discurso á importancia do labor de toda a comunidade portuaria, cuxos integrantes son fundamentais para a prestación dos servizos do porto; o novo presidente tamén resaltou a gran capacidade loxística que o porto ten que ofrecer e que presta servizo non só das comarcas de O Salnés e O Barbanza, senón tamén de toda a área comprendida entre Pontevedra e Santiago e comarcas adxacentes. Cores Tourís destacou a importancia do traballo no equipo e o factor humano para a boa marcha do porto e do mesmo xeito que o presidente da Xunta, tivo palabras de recoñecemento para o labor da súa inmediata antecesora, Sagrario Franco.

A expresidenta Sagrario Franco destacou no seu discurso os principais fitos da súa etapa á fronte do porto de Vilagarcía: a terminación e posta en marcha da extensión do trazado ferroviario do porto a todos os peiraos, e o récord histórico de movemento de mercancías, con 1,3 millóns de toneladas, establecido en 2019. Franco malvar tamén quixo deixar constancia da súa agradecimiento e afecto aos traballadores da Autoridade Portuaria.

O acto contou tamén coa intervención da subdelegada do Goberno en Pontevedra, María do Carmen Larriba, quen recordou os investimentos programados polo porto arousano para o periodo 2020-2024, que ascenden a máis de 18 millóns de euros, e fixo mención á evolución de tráficos do porto arousano neste exercicio.

Pola súa banda o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, destacou a estreita vinculación entre o porto e a cidade desde as súas orixes, facendo mención á carta poboa outorgada en 1441 por García de Caamaño, e na que se fai mención expresa a “meu porto e lugar”.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.