facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 04-Marzo-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
El Clúster da Función Loxística presenta ao porto o seu proxecto de optimización e internacionalización do sistema loxístico galego
Luns, 11 Xaneiro 2021 08:56
AddThis Social Bookmark Button

reunion cluster enero 2021O Clúster da Función Loxística de Galicia mantivo recentemente unha reunión coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía nas instalacións portuarias arousás.

O encontro levouse a cabo entre o presidente do Clúster, Xoán Martínez Reboredo, e o recentemente nomeado presidente do porto de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, e tivo a finalidade de presentar ao segundo os proxectos que a entidade ten en marcha, así como para facer repaso das actuacións desenvolvidas no último exercicio.

Na reunión puxéronse en valor os obxectivos acadados no ano 2020, cuxa complicada situación sanitaria non impediu o avance do plan do Clúster, que incrementou o seu número de asociados ata acadar as 23 entidades e publicou os seus primeiros traballos abordados en materias de distribución urbana, posicionamento do sistema loxístico galego, optimización de infraestruturas ou solo industrial, destacando moi especialmente o desenvolvemento da aplicación LDP, de seguimento dos fluxos loxísticos internacionais relacionados con Galicia.

Porén, a tónica da reunión púxose sobre a proxección do ano 2021, que aspira a ser a consolidación do Clúster e da colaboración entre entidades. No mesmo, o propio Martínez Reboredo puido expoñerlle ao presidente portuario o ambicioso plan de internacionalización que mobilizará de xeito directo máis de 115.000 euros en accións de posicionamento do sistema loxístico galego en contextos internacionais. Este plan será subvencionado nun 80% pola axuda pública Galicia Exporta Organismos Intermedios, promovida polo Instituto Galego para a Promoción Económica (IGAPE).

Ao plan de internacionalización lle sucederon outras presentacións de proxectos a continuar ou iniciar en 2021, abertos á participación de todas aquelas corporacións galegas cuxa función loxística supoña un factor crítico competitivo na súa actividade, independentemente do sector no que se atopen ubicadas.

O Clúster da Función Loxística de Galicia, do cal a Autoridade Portuaria de Vilagarcía é un dos membros fundadores, ten como obxectivo impulsar o sistema loxístico galego, con todos os seus axentes, a un nivel e posicionamento internacional superior e relevante, o cal tamén repercute positivamente na competitividade de todos os organismos asociados.

Porto de Vilagarcía, 8 de xaneiro de 2021.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.