facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 13-Abril-2021
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Xunta y Autoridade Portuaria analizan os retos relacionados coa operatividade do porto
Mércores, 17 Febreiro 2021 10:23
AddThis Social Bookmark Button

visita rquintana 170221A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo o día 16 de febreiro unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, José Manuel Cores Tourís, nas instalacións do porto arousán.

A reunión serviu para analizar a actividade do porto no contexto actual, marcado pola alerta sanitaria da covid-19, así como para repasar os retos relacionados coas dársenas e os espazos portuarios. Na visita, na que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, destacouse a importancia do movemento de tráficos portuarios para a dinamización non só da actividade loxístico-portuaria, senón de toda a economía de Galicia, así como o papel crave dos portos en ámbitos como o comercio exterior.

O encontro dá continuidade ao celebrado a principios deste mes entre a conselleira do Mar cos presidentes das cinco autoridades portuarias de Galicia -A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Marín-Ría de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa-, sendo o seu propósito intercambiar pareceres sobre a operatividade e competitividade do peirao.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.