facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 19-Agosto-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Remeiros de toda a provincia tomarán parte na sexta bandeira de bateis 'Porto de Vilagarcía'
Xoves, 08 Marzo 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

Preto de setecentos remeiros de toda a provincia participarán este fin de semana na sexta bandeira de bateis "Porto de Vilagarcía", organizada polo Club de Remo Vilaxoán coa colaboración da Autoridade Portuaria. A competición presentouse esta mañá, nun acto celebrado na sede da Autoridade Portuaria, e no que participaron a presidenta desta entidade, Sagrario Franco, e o presidente do Club de Remo Vilaxoán, Feliciano Suárez.

A presidenta da Autoridade Portuaria resaltou a importancia da competición e o gran labor do club organizador na promoción do deporte do remo en todas as súas categorías e, particularmente, na modalidade feminina. "Nunha data como a de hoxe, de reivindicación, pero tamén de recoñecementos -afirmou a presidenta- é importante destacar o traballo da entidade, e por suposto, das deportistas, que traballaron moito para chegar onde están hoxe". Pola súa banda o presidente do Club de Remo Vilaxoán agradeceu o apoio que a Autoridade Portuaria mantivo sempre co club e destacou o gran potencial que Vilagarcía ten neste deporte.

En canto ao desenvolvemento da proba, os remeiros deberán cubrir unha distancia de entre 1.000 e 2.000 metros, en función da categoría, nun campo de regatas situado no porto de Vilaxoán. A competición, que se disputará o sábado, a partires dass catro da tarde, contará coa presenza duns 15 clubs da provincia de Pontevedra.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.