facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Concello e Porto manterán reunións periódicas para consensuar a súa acción a prol da cidade
Venres, 10 Febreiro 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

visitaFolefebrero2012A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o alcalde, Tomás Fole, mantiveron o venres, día 10 de febreiro, unha reunión na que, ao longo de dúas horas, compartiron información sobre os principais proxectos que afectan a ambas as institucións. Este será o primeiro dunha serie de encontros periódicos, que poderán ter carácter tanto político como técnico, e cuxo obxectivo será consensuar a acción que Porto e Concello realizan en favor da cidade.


Neste sentido enmárcase a colaboración de ambas as institucións nunha mellor ordenación das zonas de aparcamento, especialmente entre a zona Tir e a praia da Concha. A Autoridade Portuaria xa ten practicamente asegurada a retirada dos camións nesa zona, de tal forma que esta quedaría exclusivamente para turismos. De igual xeito, Concello e Porto estudan a posible utilización como aparcamento da parcela contigua á pasarela peonil que une O Ramal co paseo marítimo, xunto ao edificio da antiga Xunta do Porto.

Tendo en conta as características destas zonas -de titularidade portuaria, pero de uso público e integrados na cidade-, tanto Sagrario Franco como Tomás Fole estiveron de acordo en establecer un marco claro de actuación en materia de tráfico, para que queden perfectamente definidas as competencias da policía local e da policía portuaria, tanto en cuestións de ordenación como de sanción, de ser o caso.

O desenvolvemento das obras de extensión da ferrocarril aos peiraos da zona sur do Porto -cuxa adxudicación producirase proximamente- ou as posibilidades de colaboración en materia de promoción turística foron outros dos asuntos abordados neste encontro.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.