facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto completa a instalación de luces LED en boias e balizas
Sábado, 24 Marzo 2012 00:00
AddThis Social Bookmark Button

faro SalvoraA Autoridade Portuaria de Vilagarcía completou recentemente o proceso de substitución de luces convencionais por LED en todas as boias e balizas da súa competencia. As últimas instalacións de axudas á navegación beneficiadas por este cambio foron a baliza de Punta Cabeiro (en Porto do Son) e o faro da illa Rúa (na Ría de Arousa). O investimento realizado para dotar de LED as dúas instalacións mencionadas ascendeu a aproximadamente 20.000 euros, correspondentes a gastos en material, xa que a execución dos traballos correu a cargo de persoal da Autoridade Portuaria.




As vantaxes das luces LED son, entre outras, menor consumo e maior eficacia, xa que ofrecen un rendemento superior, así como maior fiabilidade, posto que non se funden. Por ese motivo, a Autoridade Portuaria está estudando a posibilidade de ampliar a instalación deste dispositivo aos tres únicos faros da súa competencia que nestes momentos continúan funcionando con luces convencionais, que son os de Punta Ínsua, Corrubedo e Sálvora, xa que nos restantes -Punta Cabalo, Rebordiño e Monte Louro- xa se acometeu esta mellora.

Cabe recordar que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía ten ao seu cargo un total de 48 sinais marítimos -7 faros, 31 balizas, 10 aboias,- estendéndose o seu ámbito de competencia nesta materia ás rías de Arousa e Muros-Noia.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.