facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Luns, 27-Maio-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto de Vilagarcía adxudica a Boluda o concurso para a terminal de contedores de Ferrazo
Venres, 20 Abril 2012 13:15
AddThis Social Bookmark Button

Terminal de contedores de FerrazoO Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou tamén na súa reunión de onte a proposta de adxudicación do concurso para o outorgamento dunha concesión na explanada do peirao de Ferrazo con destino a terminal de contedores á empresa Boluda Terminales Marítimas, así como da licenza para a prestación do servizo portuario de manipulación de mercancías. O outorgamento da concesión farase efectivo no verán, unha vez se cumprimenten os trámites administrativos preceptivos tras a adxudicación do concurso.

A superficie total que se vai a outorgar en concesión ascende a 42.076 metros cadrados, e inclúe non só o terreo senón as instalacións anexas e necesarias para o desenvolvemento da actividade. A vixencia da concesión será de 21 anos, establecéndose un tráfico mínimo de 30.000 TEUS ano.


Tal e como estipulaban as bases do concurso, a empresa adxudicataria presentou ademais unha oferta de compra polos dous guindastres da aliñación Sur, en previsión de que finalmente pasen a ser propiedade da Autoridade Portuaria dentro do proceso de compensación de débedas coa empresa TERCOVI, actualmente incursa nun procedemento concursal.

Nestes momentos, e desde o pasado verán, a empresa Boluda está operando na terminal de Ferrazo cunha autorización. A actividade na terminal, na que funciona unha liña semanal de contedores co percorrido Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias, permitiu recuperar un servizo fundamental para favorecer os intercambios comerciais das empresas do hinterland portuario.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.