facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O cruceiro "Delphin" fixo escala o 30 de abril en Vilagarcía
Mércores, 02 Maio 2012 11:01
AddThis Social Bookmark Button

O cruceiro 'Delphin' no peirao Comercial.O cruceiro “Delphin” realizou o luns, día 30 de abril, unha escala no Porto de Vilagarcía. O buque arribou ás nove da mañá procedente de Lisboa e partiu ás cinco da tarde, con destino á localidade francesa de St. Malo. A escala do buque, con 156 metros de eslora e capacidade para 400 pasaxeiros, estivo consignada pola empresa Rubine e Hijos.
   

A habilitación dunha parada de taxis, un servizo gratuíto de tren turístico lanzadeira ou un punto de información ao visitante foron algunhas das iniciativas que a Autoridade Portuaria, en colaboración co Concello de Vilagarcía, a asociación de comerciantes Zona Aberta e a asociación de hostaleiros e iniciativas turísticas Ahituvi, dispuxo a fin de promover a visita de pasaxeiros e tripulación á cidade. A actuación do grupo de baile e música tradicional coa que se despide aos cruceiros suspendeuse por mor das condicións meteorolóxicas.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.