facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 22-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O buque "Blue Sand" está descargando 33.000 toneladas de millo no peirao de Comboa
Luns, 14 Maio 2012 09:15
AddThis Social Bookmark Button

descarga blue sandO buque “Blue Sand” está a relaizar dende o venres, día 11 de maio, unha descarga de millo no peirao de Comboa. Concretamente, son 33.000 as toneladas de esta mercadoría que o barco deixaría no Porto de Vilagarcía, unha cifra moi importante e que se sitúa preto do récord fixado a finais do pasado ano polo “Houma Belle”, con algo máis de 35.000 toneladas, tamén de millo. A escala do buque está consignada pola empresa P&J Carrasco.

O  “Blue Sand” é un graneleiro construído en 1998, con bandeira panameña; ten unha eslora de 183 metros, 31 metros de manga e un calado de 10,1 metros. Esta é a primeira escala que o buque efectúa no porto de Vilagarcía.

Coa descarga do “Blue Sand”, o total de toneladas de cereal (millo, trigo e cebada) movidas a través dos peiraos arousáns no que vai de ano é de case 80.000, o que supón un incremento de máis do 60% con respecto ao periodo xaneiro-maio do pasado ano. Cómpre lembrar que, no porto de Vilagarcía, o cereal é a mercadoría con maior peso específico das incluídas no apartado de graneis sólidos.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.