facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 16-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Consello aprobou a firma dun convenio co Concello para a cesión provisional do estacionamento anexo ao Ramal
Xoves, 31 Maio 2012 19:00
AddThis Social Bookmark Button

Consello maioO Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou, na sesión celebrada esta tarde, á firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria, polo cal a Autoridade Portuaria comprométese a permitir o uso público e gratuíto do terreo anexo ao peirao do Ramal para estacionamento de vehículos durante a execución das obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1. De acordo co convenio, o Concello acondicionará a parcela para ese uso.

A adecuación desta parcela para facilitar a súa utilización como estacionamento público e gratuíto abordouse nas diferentes reunións de coordinación mantidas entre a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, nos últimos meses. Tras a súa aprobación por parte do Consello, o documento deberá formalizarse mediante a súa firma por parte do alcalde e a presidenta do Porto.

Con relación a estas obras, a semana próxima terá lugar a firma do contrato coa empresa adxudicataria do concurso, COMSA, e desde esa data acometeranse os traballos previos ao comezo das obras, que previsiblemente se producirá a finais do mes de xuño ou principios de xullo. Como xa se anunciou no seu día, e a fin de minimizar as molestias á cidadanía, as obras comezarán pola rúa Vale-Inclán, onde está prevista a eliminación do muro que separa o tráfico portuario do cidadán e a habilitación de dous carriis de circulación.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.