PublicaciónsNovas O cruceiro "Hamburg", con 324 pasaxeiros, fixo escala no Porto de Vilagarcía
O cruceiro "Hamburg", con 324 pasaxeiros, fixo escala no Porto de Vilagarcía
Domingo, 03 Xuño 2012 00:00
O sábado día 2 de xuño fixo escala no porto de Vilagarcía o cruceiro “Hamburg”, un buque de bandeira de Bahamas e con 145 metros de eslora. Un total de 324 pasaxeiros tiveron ocasión de desembarcar en Vilagarcía e coñecer os atractivos da cidade e a súa zona de influencia.
O buque, procedente de Leixoes, arribou a Vilagarcía ás sete da mañá e efectuou a súa saída ás 13.00 horas, rumbo ao porto de Bilbao.
Como é habitual sempre que se produce unha escala de cruceiro, a Autoridade Portuaria, en colaboración co Concello de Vilagarcía e as asociacións locais de comerciantes e hostaleiros (Zona Aberta e Ahituvi, respectivamente), puxo en marcha diversas iniciativas para incentivar a estancia en Vilagarcía de pasaxeiros e tripulación, talles como un servizo lanzadeira de tren turístico entre o peirao Comercial Oeste -onde se realizou a atracada-, a habilitación dunha parada de taxis provisional, a instalación dun posto de atención ao visitante a pé de peirao ou a actuación dun grupo de música e baile tradicional galego para despedir aos cruceristas.
Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.