facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Venres, 20-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto acolleu o acto central en Galicia da conmemoración do Día Mundial dos Océanos
Venres, 08 Xuño 2012 12:58
AddThis Social Bookmark Button

 

dia oceanosA conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presidiu en Vilagarcía o acto central organizado pola Xunta de Galicia con motivo do Día Mundial dos Océanos, ao que ao acudiron entre outras autoridades a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole e o delegado territorial da Xunta, Xosé Manuel Cores Tourís.

 

 

A celebración, que se desenvolveu a bordo do buque “Ría de Vigo” -atracado con este motivo no peirao Comercial Norte do porto de Vilagarcía- contou ademais coa presenza de numerosos membros da comunidade portuaria vilagarciá. Tamén tomaron parte no acto un grupo de alumnos do colexio A Escardia, que tiveron ocasión de visitar tanto o buque como o porto de Vilagarcía.

A conselleira resaltou na súa intervención a importancia de pór en valor un mar “que nos deu moito” e o importante papel tanto dos portos como do sector primario galego “na saída da crise”, e fixo mención especial dos traballadores do mar, cuxo traballo contribúe á xeración de riqueza na nosa comunidade autónoma. Igualmente, destacou o compromiso da administración autonómica coa defensa do medio mariño e a importancia da colaboración entre diferentes administracións neste esforzo. Finalmente, Rosa Quintana recordou a importancia de manter a biodiversidade dos ecosistemas mariños e de xerar interese polo coñecemento dos mares e océanos.

 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.