facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Porto e Concello asinan o convenio para a habilitación dun estacionamento xunto a O Ramal durante as obras do ferrocarril
Luns, 11 Xuño 2012 18:41
AddThis Social Bookmark Button

convenio ramalO alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e a presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, asinaron esta mañá o convenio para a cesión provisional, con destino a estacionamento público e gratuíto, da parcela anexa ao peirao do Ramal, mentres se executan as obras do ferrocarril a Ferrazo, primeira fase.

A presidenta do porto explicou con con este acordo preténdese facilitar unha alternativa para o estacionamento de vehículos mentres se executan as obras de extensión do trazado ferroviario do Porto aos peiraos da zona sur. Sagrario Franco recordou que este é un dos proxectos máis esperados por toda a comunidade portuaria, xa que dispor dunha conexión ferroviaria aos peiraos de maior calado e liña de atracada é fundamental para que o porto sexa competitivo e eficiente. Trátase dun proxecto que tardou tempo en xestarse, "pola súa propia complexidade pero tamén porque desde que se decidiu a necesidade dos traballos buscouse sempre o máximo consenso na súa planificación primeiro, e agora na súa execución” -explicou a presidenta- e froito dese consenso é o acordo alcanzado co Concello polo que a Autoridade Portuaria cede provisionalmente ese espazo para a súa utilización como estacionamento público e gratuíto.

Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, explicou que na actualidade a parcela obxecto de cesión, de 3.700 metros cadrados de superficie, ten unha utilización inferior á súa capacidade, e que as obras previstas polo Concello -que terán unha duración dunha semana, aproximadamente- permitirar optimizar o aproveitamento desta importante bolsa de estacionamento, na que se prevé a creación de 177 prazas de estacionamento.

Tomás Fole destacou ademais a importancia das obras do ferrocarril non só para a mellora da competitividade do Porto, senón tamén para a apertura á cidade da zona na que se sitúan a subsede de Bombeiros, Capitanía Marítima e o Centro Galego de Vela, situadas nunha das principais entradas ao centro urbano de Vilagarcía. Nesta zona portuaria, paralela á rúa Valle-Inclán, concéntrase a maior actuación de reforma urbana prevista no proxecto, coa habilitación de dous carrís de circulación en cada sentido e a eliminación do muro que separa o tráfico portuario do cidadán.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.