facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto comprobou o funcionamento dos seus plans de actuacións ante urxencias coa celebración dun simulacro
Xoves, 21 Xuño 2012 10:55
AddThis Social Bookmark Button

 Un momento del simulacro celebrado en el puerto de VilagarcíaA Autoridade Portuaria de Vilagarcía desenvolveu o día 20 de xuño un simulacro co obxectivo de comprobar o correcto funcionamento dos seus plans de actuación en caso de urxencia. A actividade comezou ás dez e media da mañá e prolongouse durante aproximadamente dúas horas e media.

 Neste período, sucedéronse tres supostos que implicaron a activación do Plan de protección do porto, o Plan de urxencia interior e o Plan interior de continxencias contra a contaminación mariña accidental.

 O suposto do primeiro exercicio era a colisión de dous buques nas inmediacións do peirao Comercial, o que esixiu a activación dos medios anticontaminación do porto e a evacuación dun ferido en helicóptero; este suposto completábase cun incendio nun dos buques accidentados, intervindo un dos remolcadores do porto nas tarefas de extinción. A coordinación deste suceso, por tratarse dunha urxencia no mar, correspondeu ao capitán marítimo de Vilagarcía. A segunda situación de urxencia consistiu nun incendio nun almacén do peirao Comercial, e mobilizou ao equipo de primeira intervención do porto e aos bombeiros do Salnés (Subsede de Vilagarcía). Finalmente, houbo que facer fronte á chegada dun polisón nun buque e á localización dun paquete sospeitoso no peirao Comercial, o que demandou a intervención da Policía Nacional e a Garda Civil, ademais da propia policía portuaria. En total, unhas sesenta persoas participaron no simulacro

 A coordinación da actividade realizouse desde o Centro de Control de Emerxencia (CCE) do Porto, no que se deron cita, ademais do persoal propio da Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima, representantes dos diferentes organismos con participación no simulacro: Policía Nacional, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Salvamento Marítimo, Capitanía Marítima, Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia, así como de concesionarios, consignatarios e outros membros da comunidade portuaria.

 A realización deste exercicio permitiu testar os tempos de resposta ante as situacións expostas e verificar o bo funcionamento dos mecanismos de coordinación entre as diferentes institucións e empresas participantes.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.