facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 15-Outubro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A presidenta da Autoridade Portruaria recibiu no Porto ao Comité Executivo de Consignatarios de Anesco
Venres, 06 Xullo 2012 17:41
AddThis Social Bookmark Button

Los asistentes a la reunión, con la presidenta del Puerto y el alcaldeO comité executivo de consignatarios de Anesco celebrou esta mañá unha reunión en Vilagarcía. Antes de que este encontro comezase os membros do comité foron recibidos na sede da Autoridade Portuaria pola presidenta desta entidade, Sagrario Franco, e o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole.

Anesco, a asociación española de empresas estibadoras y consignatarias de buques, é unha entidade fundada no ano 1977 e que conta na actualidade con máis de 220 asociados de toda España. Esta é a primeira ocasión en que o comité executivo de consignatarios deste organismo celebra unha das súas reunións periódicas no porto de Vilagarcía. 

Tras a benvida aos asistentes, tomou a palabra o presidente do Comité Executivo de Consignatarios de Anesco, o vilagarcián Julio Carrasco, quen agradeceu a colaboración amosada pola Autoridade Portuaria para facilitar o desenvolvemento da súa reunión na sede portuaria. A continuación o director xerente de Anesco, Javier Expósito, destacou o papel da entidade como órgano de defensa dos intereses comúns de consignatarias e estibadoras e o seu papel de interlocutora ante as administracións.

A presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco, resaltou a importancia de coñecer as suxestións que as empresas consignatarias e estibadoras poidan formular para a mellora da operatividade portuaria, tendo en conta o papel clave que desempeñan dentro da loxística de todos os portos.

Finalmente o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, puso de relevo o papel do porto como motor económico de Vilagarcía e fixo fincapé na conveniencia dunha boa sintonía entre administracións, e destas cos colectivos empresariais, para impulsar la economía.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.