facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto recibe por primeira vez a certificación ISO de xestión ambiental e renova a de calidade
Xoves, 26 Xullo 2012 09:43
AddThis Social Bookmark Button

A presidenta do Porto co director xeral en España de LRQAA presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Sagrario Franco Malvar, recibiu o día 24 de xullo de mans de Juan Maties, director xeral de Lloyd’s Register Quality Assurance, as certificacións UNE-EN-ISO 14001:2004, de xestión ambiental, e UNE-EN-ISO 9001:2008, de xestión de calidade.

O director xeral de LRQA desprazouse a Vilagarcía acompañado por Carlos Resch; responsable comercial do distrito noroeste, para facer entrega destes certificados.

A Autoridade Portuaria xa dispuña da certificación UNE-EN-ISO 9001:2008, que recoñece o sistema de xestión de calidade; non así a UNE-EN-ISO 14001:2004, que este ano obtivo por primeira vez. Esta é unha norma de carácter ambiental e afecta á xestión neste ámbito das actividades que se desenvolven no recinto portuario, tanto por parte da propia autoridade portuaria como de terceiros. Trátase dunha norma de carácter voluntario e que se renova cada tres anos, aínda que a Autoridade Portuaria se somete anualmente a unha revisión de cumprimento dos requisitos.  

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, mostrouse moi satisfeita por renovar a certificación de xestión de calidade e especialmente, por conseguir a de xestión ambiental indicando que as acreditacións “son un aval para a xestión do porto nestes ámbitos”. Pola súa banda os responsables de LRQA felicitaron á presidenta do porto por estes distintivos e expresaron a súa confianza en que as empresas que conforman a comunidade portuaria opten tamén a conseguir ou, nalgún caso, incrementar, certificacións deste tipo.

O alcance das certificacións –que están integradas- é: Xestión directa de servizos portuarios: sinalización marítima, subministracións de enerxía eléctrica e auga potable; Escala de buques; Servizos de almacenamento: seguridade e vixilancia; Xestión do uso do dominio público portuario: concesións e autorizacións; e Infraestrutura e investimento portuario.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.