facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 16-Xullo-2020
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Comezan os traballos para a supresión do muro da rúa Valle-Inclán
Mércores, 08 Agosto 2012 14:10
AddThis Social Bookmark Button

A supresión do muro portuario inclúese no proxecto do ferrocarril aos peiraos da zona surO muro de separación do tráfico cidadán e portuario na rúa Valle-Inclán está sendo derruido dende hoxe, dentro do proxecto de prolongación do trazado ferroviario do porto aos peiraos Comercial e de Comboa, que executa a empresa COMSA.

Tras procederse na xornada de onte á retirada do valo metálico da parte superior do muro, durante esta mañá comezou a derriba da parte inferior, de pedra.

As obras do ferrocarril a Ferrazo, fase 1, prevén a apertura á cidade da zona portuaria comprendida entre O Cavadelo e o antigo depósito de auga do porto. Para iso, é preciso suprimir o peche que ata a data delimitaba o recinto portuario así como a beirarrúa e o carril-bici que discorrían en paralelo a el. Estes dous equipamentos situaranse, unha vez as obras finalicen, na fronte dos edificios de Capitanía Marítima, Bombeiros e Centro Galego de Vela, área na que se habilitarán ademais estacionamentos en batería. O tráfico rodado verase substancialmente mellorado coa creación de dous carrís de circulación en cada sentido.

No punto onde se situará o novo acceso ao porto-aproximadamente á altura do antigo depósito de auga- está prevista a construción dunha rotonda para disgregar o tráfico con orixe ou destino no recinto portuario do cidadán.

As actuacións proxectadas permitirán mellorar tanto funcional como esteticamente o que, desde a entrada en funcionamento do enlace do Porto coa autoestrada, é un dos principais accesos á cidade. A previsión da Autoridade Portuaria é que neste primeiro tramo as obras conclúan a finais de verán. Unha vez terminada a intervención nesta zona, acometeranse os traballos no resto do trazado, que discorre integramente por terreos de titularidade portuaria.

O orzamento para a prolongación do ferrocarril aos peiraos Comercial e de Comboa é de 5,9 millóns de euros, e o prazo de execución das obras, de 10 meses. Con esta actuación, o Porto de Vilagarcía mellorará a súa conexión ferroviaria ao dotar deste servizo aos peiraos que dispón de maiores calados e liña de atracada. Nunha segunda fase deste proxecto, prevista a medio prazo, preténdese acometer a prolongación desta conexión ferroviaria ata o peirao de Ferrazo.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.