facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Mércores, 18-Setembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto acometerá obras para a mellora da eficiencia enerxética e a seguridade con cargo ao fondo de compensación interportuario
Martes, 04 Setembro 2012 11:47
AddThis Social Bookmark Button

faro salvoraA mellora da eficiencia enerxética e a seguridade no recinto portuario son os dous principios básicos que serviron para definir as actuacións que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía acometerá este ano con cargo ao fondo de compensación interportuario.

En 2012, a contía a percibir procedente deste fondo é de 1,1 millóns de euros, parte dos cales se corresponden coa distribución da recadación global da taxa por axudas á navegación, que se reparte en función dos faros e balizas que debe manter cada cada Autoridade Portuaria.

A achega recibida pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía -que permitirá reforzar a súa capacidade investidora- orientarase cara á mellora do servizo a clientes e usuarios, xa sexa de forma directa ou indirecta. A Autoridade Portuaria xa pechou con Portos do Estado o programa de actuacións a desenvolver.

Unha das obras máis destacadas será a reparación do peirao de atracada de Sálvora, unha infraestrutura que é utilizada tanto polo persoal da Autoridade Portuaria para o acceso ao faro de Sálvora como polas persoas que visitan esta illa, integrada no Parque Nacional dás Illas Atlánticas, e que, pola súa antigüidade e a súa exposición a condicións meteorolóxicas adversas, precisa da realización de tarefas de mantemento a fin de garantir a seguridade de todos os seus usuarios.

A mellora da operatividade portuaria é outro dos obxectivos que se perseguen coa planificación destas obras que se acometerán con cargo ao Fondo de Compensación Interportuario. Así, está previsto que a Autoridade Portuaria realice un pequeno dragado na dársena de Comboa-Ferrazo, a fin de axustar a profundidade mínima en toda esta área a -11 metros na fosa de atracada dos dous peiraos e -9 metros na dársena. Estas tarefas son necesarias debido ao movemento dos fondos que supón a realización de obras nas dársenas portuarias e ao propio depósito de sedimentos nos fondos que se produce por causas naturais. Tamén se vai a dragar o acceso ao peirao Comercial Leste para facilitar a manobra dos buques que acceden a este peirao.

No recinto portuario, está prevista a renovación e ampliación da sinalización horizontal e vertical, así como a substitución de elementos dos sistemas de seguridade e control de accesos, talles como barreiras ou cámaras, para unha mellor supervisión das actividades que se desenvolven no porto e un incremento da seguridade na circulación rodada.

Igualmente, abordarase a substitución de luminarias no recinto portuario por outras máis eficientes, desde o punto de vista enerxético. Este é un ámbito no que a Autoridade Portuaria vén traballando, por exemplo, no apartado de sinais marítimas, onde todas as boias e balizas, e boa parte dos faros competencia do Porto de Vilagarcía, contan xa con luces tipo LED.

Tamén se financiará con cargo aos fondos de compensación interportuario a elaboración da Planificación Estratéxica do porto, fundamamental para definir o desenvolvemento futuro das instalacións arousás.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.