facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Martes, 10-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Comezan as obras de reparación do peirao de Sálvora
Martes, 18 Setembro 2012 13:15
AddThis Social Bookmark Button

obras salvoraA empresa Subdramar 2008 SL comezou esta fin de semana os traballos de reparación do peirao da illa de Sálvora. Esta é a única infraestrutura que facilita o acceso en barco á illa, e pola súa antigüidade e exposición a condicións meteorolóxicas adversas, precisaba a realización de obras a fin da garantir a seguridade de buques e persoas que o utilizan. Os traballos, que se acometen con cargo ao fondo de compensación interportuaria recibido polo porto de Vilagarcía de Arousa este ano, teñen un orzamento de 43.000 euros (ive incluído).

O peirao de Sálvora é un equipamento fundamental para a Autoridade Portuaria xa que non existe outra alternativa para o acceso á illa, na que se sitúa un dos faros máis importantes para a sinalización marítima da Ría, e o único dependente da Autoridade Portuaria que conta con fareros. Pero non só estes utilizan o peirao nos seus desprazamentos periódicos entre a illa e o continente, senón que tamén é empregado por persoal de mantemento da Autoridade Portuaria cando debe realizar reparacións no faro ou o edificio que o alberga e por traballadores doutras administracións con competencia na illa (como o organismo xestor do parque nacional das Illas Atlánticas, ao que pertence Sálvora).

Pero ademais, o peirao de Sálvora tamén se utiliza polas persoas que acceden á illa en viaxes turísticas. A Autoridade Portuaria autoriza, previa solicitude, o embarque e desembarque de visitantes desde este punto (sempre que tramiten os oportunos permisos ante o Padroado do Parque Nacional, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) para a realización de excursións pola illa, xa que doutro xeito sería moi difícil coñecer a riqueza natural e paisaxística deste enclave. Ao longo deste ano, foron un total de 524 as persoas que accederon a Sálvora a través de excursións organizadas, mentres que en 2011 o total de visitantes en embarcacións turísticas ascendeu a 1.377.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.