facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria ingresou ata xullo 3,7 millóns de euros, un 25% máis que no mesmo período do ano anterior
Luns, 24 Setembro 2012 08:04
AddThis Social Bookmark Button

Incremento beneficios jullo 2012A Autoridade Portuaria de Vilagarcía incrementou en 500.000 euros os seus ingresos procedentes de taxas portuarias entre xaneiro e xullo deste ano, en relación co mesmo período do ano anterior. Nos sete primeiros meses do ano, o porto facturou un total de 2.978.265,43 euros por este concepto, fronte aos 2.478.571,99 de 2011. A maior parte desta subida corresponde aos ingresos por taxas de utilización, debido ao incremento na actividade dos peiraos . Os outros ingresos de negocio, que proveñen no seu maior parte da recadación de tarifas portuarias, tamén aumentaron no mesmo período en case 250.000 euros, alcanzando a cifra de 748.255,33 euros.

Deste xeito, o importe neto da cifra de negocios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía ascendeu, ata o mes de xullo, a 3,7 millóns de euros, fronte aos 2,9 millóns de euros de 2011, o que supón un 25% máis. Esta subida é un reflexo do incremento dos tráficos portuarios nos sete primeiros meses do ano, que foi dun 36%.

Paralelamente, entre xaneiro e xullo deste ano o Porto conseguiu reducir nun 2,2% os seus gastos de persoal e outros gastos de explotación, entre os que se contan os derivados de obras de reparación e conservación, servizos de profesionais independentes e subministracións e consumos.Estes datos supón que, a data de 31 de xullo, a conta de perdas e ganancias arroxa un resultado de máis de 445.000 euros de beneficio.

Polo tanto, grazas a unha política de contención de gastos sumada ao incremento dos ingresos procedentes da actividiad portuaria, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía avanza cara ao equilibrio económico e financeiro, fundamental nunha empresa pública que se financia a través dos recursos que ela mesma xera.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.