facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
Vilagarcía consolida o incremento dos seus tráficos en 2012 cunha subida do 35% ata agosto
Xoves, 18 Outubro 2012 11:44
AddThis Social Bookmark Button

descarga cerealO balance dos tráficos do Porto de Vilagarcía ata o mes de agosto mantén os mesmos rexistros positivos de meses anteriores, cunha subida porcentual do 35% nos oito primeiros meses do ano.

 

O total de mercancías movidas ata esa data no porto de Vilagarcía ascendeu a 656.976 toneladas, fronte ás 486.529 toneladas do mesmo período do ano anterior. De acordo cos datos feitos públicos por Portos do Estado, o incremento dos tráficos en Vilagarcía é o terceiro máis importante dentro do conxunto de portos de Interese Xeral do Estado, unicamente por detrás de Málaga ( 68%) e Cartaxena ((46%). No período analizado, o incremento medio dos tráficos no sistema portuario nacional foi do 6,5%.

 

Por tipos de mercancías, e como vén sucedendo ao longo de todo o ano, é a mercancía xeral a que rexistra un maior incremento, destacando a positiva evolución do tráfico de contedores (que alcanzou as 144.712 toneladas), taboleiro (84.420 t) e aluminio (49.478 t), principalmente. Os diferentes produtos incluídos nesta categoría sumaron case 300.000 toneladas, fronte ás pouco máis de 136.000 do ano anterior.

 

No apartado de graneis sólidos o excelente comportamento do cereal, con 107.289 toneladas movidas entre xaneiro e agosto (case a metade das 220.182 contabilizadas nesta categoría) permite que no citado período o incremento porcental sexa do 6,4%. Finalmente, nos graneis líquidos os rexistros dos oito primeiros meses do ano practicamente igualan os do mesmo período de 2011, ao contabilizarse un total de 142.346 toneladas.

A presidenta da Autoridade Portuaria, Sagrario Franco, destacou que os datos son moi positivos e apuntou que constitúen “o mellor estímulo para seguir traballando na mellora do servizo e a eficiencia deste Porto, a fin de consolidar os nosos tráficos actuais e poder optar á captación doutros novos”. 

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.