facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Sábado, 07-Decembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
O Porto prolonga o seu carril-bici polo Parque do Centenario
Xoves, 25 Outubro 2012 12:28
AddThis Social Bookmark Button

reforma carril biciA Autoridade Portuaria de Vilagarcía está realizando obras para a prolongación do seu carril-bici polo parque do Centenario, equipamento que conectará o vial para ciclistas da fronte do Porto Deportivo co carril-bici que se está construíndo nestes momentos na rúa Valle-Inclán.

Coa infraestrutura proxectada, completarase un itinerario de uso exclusivo para vehículos de dúas rodas de máis de dous quilómetros de lonxitude por toda a fachada portuaria, entre O Ramal e Ferrazo. A creación deste equipamento enmárcase no proxecto de extensión do trazado ferroviario do porto aos peiraos Comercial e de Comboa, que incluía como unha das súas actuacións complementarias a habilitación dun carril-bici.

Un dos principais atractivos deste proxecto é o seu trazado, xa que se optou por un percorrido afastado do tráfico rodado e que discorre case integramente por zonas de uso peonil. O novo carril-bici pasará pola fronte portuaria do parque do Centenario, virará para continuar polo lateral deste recinto máis próximo á rampla de Cavadelo, e terá saída pola esquina suroeste do parque, onde se abrirá un novo acceso para uso exclusivo dos ciclistas. Deste xeito, os usuarios accederán directamente á rotonda do Cavadelo e, desde ese punto, ao novo carril-bici da rúa Valle-Inclán, que está actualmente en execución con motivo da reforma desa rúa para poder levar o ferrocarril aos peiraos da zona sur.

Polo seu outro extremo, o carril de nova creación enlazará co xa existente entre a zona TIR e o Porto deportivo, aínda que este será obxecto dunha pequena modificación no seu actual deseño, ao habilitarse entre as construcións da terminal TIR e o carril-bici unha franxa verde que redundará nun incremento da seguridade para viandantes e ciclistas.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.