facebook

 

 twitter

 

 youtube

 

 linkedin

   
Xoves, 14-Novembro-2019
Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)English (United Kingdom)
Mapa web
A Autoridade Portuaria desenvolve unha sesión informativa sobre xestión ambiental e de calidade
Xoves, 08 Novembro 2012 10:43
AddThis Social Bookmark Button

aluminio gruaA Autoridade Portuaria de Vilagarcía desenvolveu a pasada semana unha sesión informativa sobre xestión ambiental e de calidade, á que asistiron unha vintena de representantes das empresas que compón a comunidade portuaria de Vilagarcía, tanto prestadoras de servizos (comerciais e portuarios) como industrias asentadas no recinto portuario.

Os obxectivos desta reunión eran transmitir á comunidade portuaria o compromiso do Porto de Vilagarcía por establecer e manter unha política de calidade e medio ambiente, a través das certificacións ISO 9001 e ISO 14001 -que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía conseguiu recentemente integrar-; e promover na comunidade portuaria estas mesmas inquietudes, ademais de difundir os obxectivos de sustentabilidade que pretende acadar a Autoridade Portuaria e que requiren a colaboración das empresas que integran a comunidade portuaria para a súa consecución.

Pero ademais, a reunión serviu tamén para informar sobre o recente acordo do Consello Reitor de Portos do Estado que permite ás autoridades portuarias establecer bonificacións nas taxas de actividade e utilización que abonan as empresas que operan nos portos de interese xeral se devanditas empresas incrementan a calidade dos seus servizos. Iso certifícase mediante o cumprimento de diversos Referenciales de Calidade dos Servizos Portuarios, establecidos por Portos do Estado.

Deste xeito, en cumprimento do que sinala o artigo 245 do texto refundido da Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante, incentívase a mellora das prácticas ambientais e a calidade por parte das empresas, a través da aplicación de bonificacións aos buques, á manipulación de mercancías, ás concesións ou autorizacións e aos prestadores de servizos portuarios. A comprobación do cumprimento dos referenciales de calidade corre a cargo de compañías de certificación autorizadas, e as firmas acreditadas obteñen unha marca distintiva que contribúe a mellorar o seu posicionamento no sector.

 

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de privacidad.

Acepto las cookies.